Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Biblioteca UNED A Coruña. Día do Libro 2021

23 de abril de 2021

Xa está dispoñible o Mosaico do Día do Libro 2021 con todas as vosas suxerencias

Un ano máis, a Biblioteca do Centro Asociado UNED A Coruña confeccionou un mosaico para celebrar o Día do Libro 2021.

Realizouse a partir das achegas da nosa comunidade universitaria e nel podedes atopar diferentes recomendacións de lectura, abarcando diferentes estilos, épocas, idiomas, etc. 

Esta mañá realizouse o sorteo do agasallo dos libros (coa axuda dunha persoa voluntaria que fixo de man inocente) entre todas as persoas que participastes coas vosas suxerencias. 

Nesta ocasión, o premio recaeu en José Manuel Romarís Cercós que recibirá os seus libros proximamente. 

Parabéns polo premio ao afortunado e grazas a toda a comunidade polas vosas suxerencias de lectura e pola vosa participación.

Animámosvos a que revisedes (e leades) os títulos seleccionados. Seguro que atopades moitos que vos resultarán de interese.

Mosaico do Día do Libro 2021

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es