Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao Alumnado. Curso 2019/2020

16 de septiembre de 2019

Xornadas de benvida, sesións informativas e talleres especializados compoñen as actividades de acollida ao alumnado do Centro UNED A Coruña a partir do 30 de setembro, tanto na sede da Coruña como na Aula de Ferrol.

Bota unha ollada ao noso Vídeo de Benvida aquí

Comeza o Curso 2019/20 e, desde o Centro Asociado UNED A Coruña queremos poñer ao dispor do noso alumnado toda a información e recursos para que teñan éxito nos seus estudos. O Plan de Acollida deste ano inclúe, como en edicións anteriores, xornadas e sesións de presentación, talleres de habilidades TIC, de recursos para o estudo e accións de apoio durante todo o curso. Como novidade principal, entre outras, durante as dúas primeiras semanas de inicio das titorías, tanto o Centro da Coruña como a aula de Ferrol, terán Xornadas de Portas Abertas nas que as persoas interesadas poden acudir ao Centro e informarse de primeira man co profesorado sobre o funcionamento das titorías

As Xornadas de Benvida e as sesións informativas están especialmente dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez na UNED, aínda que tamén poden resultar de interese para aquelas persoas que están a pensar en realizar os seus estudos nesta Universidade. As diferentes sesións teñen como finalidade informar sobre os recursos e servizos dispoñibles no Centro da Coruña, ofrecer soporte e axuda para a adaptación e integración académica do alumnado, resaltando as particularidades do estudo na UNED. En xeral, o Plan de Acollida está pensado para facilitar unha rápida adaptación dos nosos estudantes á contorna universitaria da UNED e ás posibilidades de atención titorial, presenciais e on-line ás que poden ter acceso. 

Os talleres desenvolveranse a través da práctica en grupos reducidos. A finalidade destas actividades é introducir ao estudante da UNED na contorna virtual que ha de empregar ao longo do curso, dando a coñecer os principais recursos tecnolóxicos ao seu alcance; pero tamén, orientar ao alumnado na súa formación académica desde unha mirada práctica asesorando sobre como planificar os seus estudos a longo prazo e como presentarse aos exames na UNED. 

Ademais, cada estudante terá á súa disposición varias accións complementarias de apoio, tanto antes de realizar a matrícula como durante o curso. 

O acceso a todas as sesións é gratuíto, aínda que é necesaria a inscrición en cada unha das actividades a través da plataforma on-line. ¡Apúntate xa!

ACCIÓNS DE BENVIDA 

1. Xornada de Portas Abertas 

  • Lugar: Centro UNED Coruña e Aula UNED Ferrol. 
  • Datas: do luns 07 ao venres 18 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 21:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Máis información aquí.
  • Descarga o tríptico informativo aquí

2. De estudante a estudante: experiencias sobre as oportunidades de formarse na UNED

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: luns 30 de setembro de 2019. 
  • Hora: de 16:30 a 18:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

3. Coñece aos teus representantes: benvida e presentación da Delegación de Estudiantes do Centro UNED A Coruña.   

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 01 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 18:30 a 20:30 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

4. Xornada de Benvida do Centro UNED A Coruña. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 09 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 16:30 h.
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

5. Cómo aproveitar ao máximo os recursos de formación no teu Centro: Titorías, Extensión Universitaria e COIE. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 09 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:30 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí

6. ¡Coñece o tu Centro! Presentación de servizos do Centro Asociado: secretaría, librería e redes sociais. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 08 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 13:00 a 14:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo.    
  • Inscríbete gratis aquí.
  

RECURSOS PARA O ESTUDO 

1. Taller: Coñece a túa biblioteca (1ª edición) 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: xoves 03 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 18:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Inscríbete gratis aquí
  

2. Taller: Coñece a túa biblioteca (2ª edición) 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: venres 11 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 18:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Inscríbete gratis aquí

3. Taller: Orientación para o estudo a distancia. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 02 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 17:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí.

4. Taller: Cómo planificar os teus estudos. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 23 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 19:00 a 20:30 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí.

5. Taller: Consellos básicos sobre a aviación na UNED: tipo de exames e probas de avaliación continua (PEC) 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 05 de novembro de 2019. 
  • Hora: de 19:00 a 20:30 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscríbete gratis aquí.

6. Taller: Consellos básicos para os exámes na UNED (1ª edición) 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 11 de decembro de 2019. 
  • Hora: de 16:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  • Inscribete gratis aquí

7. Taller: Consellos básicos para os exámes na UNED (2ª edición) 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 06 de maio de 2020. 
  • Hora: de 16:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial e emisión en directo. 
  

MANEXO DE PLATAFORMAS E HABILIDADES TIC: 

1. Taller: Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED. 

Lugar: Centro UNED Coruña. 

Modalidade: presencial. 

Datas e Hora: 

  • 1ª edición: luns 07 de outubro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí.
  • 2ª edición: luns 14 de outubro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí
  • 3ª edición: mércores 16 de outubro de 2019, de 11:00 a 13:00h. Inscríbete gratis aquí
  • 4ª edición: luns 21 de outubro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí
  • 5ª edición: mércores 23 de outubro de 2019, de 11:00 a 13:00h. Inscríbete gratis aquí
  • 6ª edición: luns 28 de outubro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí

Lugar: Aula UNED Ferrol. 

Modalidade: presencial. 

Datas e Hora: 

  • 1ª edición: venres 8 de novembro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí
  • 2ª edición: venres 15 de novembro de 2019, de 17:00 a 19:00h. Inscríbete gratis aquí.
 

2. Taller: Cómo manexar as plataformas e TIC da UNED: Especial alumnado do CIUD. 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: luns 18 de novembro de 2019. 
  • Hora: de 17:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Inscríbete gratis aquí.    
  

ORIENTACIÓN Á MATRÍCULA 

1. Atención personalizada de orientación á matrícula no COIE 

  • Lugar: COIE, Centro UNED A Coruña. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Datas e horas: 
  • - Mércores 04 de setembro de 2019, de 17:00-19:30h. 
  • - Mércores 11 de setembro de 2019, de 09:00-11:30h. 
  • - Mércores entre o 16 de setembro e o 31 de outubro, de 17:00-19:00h. 

2. Apoio e asesoramiento na formalización de matrícula on line

  • Lugar: Laboratorio de Informática I, Centro UNED A Coruña. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Datas e horario: desde o luns 02 de setembro ao 19 de decembro de 2019, en horario da bolseira de informática. 

FORMACIÓN PARA TITORES/AS DO CENTRO:

1. Xornada de actualización: "Coñecemento das TIC propias da acción tutorial. Curso 2019/20" 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: martes 01 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 18:30 a 20:30 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Inscríbete gratis aquí

2. Taller: “Coñecemento das TIC para a acción tutorial: manexo de HTML5. Curso 2019/20" 

  • Lugar: Centro UNED Coruña. 
  • Data: mércores 09 de outubro de 2019. 
  • Hora: de 17:00 a 19:00 h. 
  • Modalidade: Presencial. 
  • Inscríbete gratis aquí

Consulta e descarga o tríptico informativo coas actividades do Plan de Acollida 2019/20 aquí

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • - Secretaría do Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) en el teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es