Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida ao alumno UNED A Coruña

30 de septiembre de 2016

Taller "Coñece a túa biblioteca", o próximo 6 de outubro.

O Plan de Acollida ao alumno da UNED A Coruña, contempla, como en anos anteriores, un taller onde se presentará o Servizo de Biblioteca e os recursos dispoñibles para os alumnos do Centro. Isabel Sánchez Carreira, responsable da Biblioteca do Centro UNED A Coruña e Antonio Nuñez Rodríguez, serán os responsables de realizar a presentación do Servizo.

Coñecer os servizos bibliotecarios, aprender a buscar e localizar información e documentación, saber como retirar, renovar e reservar libros, ou familiarizarse coa clasificación e ordenación dos fondos dispoñibles, son algúns dos obxectivos desta acción informativa. Así mesmo aprender á consultar os recursos electrónicos relacionados coas áreas de interese (bases de datos, revistas electrónicas, repositorios dixitais...) e acceder a diferentes recursos para a aprendizaxe: Cursos 0, OCkW, RefWorks, entre outros.

De interese, fundamentalmente a alumnos dos cursos de Acceso e de primeiros cursos de Grao, exponse como un primeiro achegamento á Biblioteca como centro de recursos para a aprendizaxe, a través dunha sesión que fomente a interacción e participación das persoas asistentes. A intención é fomentar a autonomía e independencia do alumnado á hora de afrontar os seus estudos dentro do marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

Este taller, de acceso libre, estará activo a partir das 19:00 na sede da Coruña e impartirase unicamente de forma presencial.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es