Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Plan de Acollida. Curso 2021/22: Orientación á matrícula (COIE)

15 de septiembre de 2021

Desde hoxe mércores, o COIE amplía o seu horario para asesorar ao alumnado sobre a matrícula na UNED. Orientámosche na elección dos estudos a través de sesións virtuais desde o COIE. Pide cita para a túa entrevista personalizada!

Se tes dúbidas sobre que estudos realizar ou como enfocar a túa carreira, lembra que podes pedir cita no Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) UNED A Coruña

O COIE do Centro, a cargo de Nuria Rebollo Quintela, coordinadora no Centro Asociado da Coruña, é un servizo con vocación informativa e orientativa destinado a asesorar e guiar a cada estudante para enfocar e planificar os seus estudos.

Como acción complementaria do Plan de Acollida ao alumnado do curso 2021-2022 do Centro da Coruña, durante os meses de setembro e outubro, o COIE reforza a súa atención ao alumnado, especialmente a aquelas e aqueles que inician os seus estudos na UNED. 

A través de sesións virtuais individuais, con atención personalizada, guíase a cada estudante no coñecemento dos estudos a realizar, pero tamén se asesora sobre como organizalos de forma realista de acordo cos intereses particulares de cada estudante, o tempo dispoñible para o estudo e as súas expectativas de futuro. Desde o COIE axudarémosche a resolver calquera dúbida sobre sobre os teus estudos e asesorarémosche para que aproveites o teu tempo ao máximo.

Podes reservar cita para a túa reunión persoal de orientación cubrindo o seguinte formulario en liña.

Lembra que:

  • É esencial cubrir o formulario para poder reunirse co COIE e ter un servizo personalizado.
  • A reunión realizarase en liña, a través de Microsoft Teams.
  • Non é posible reunirse de forma presencial co COIE por motivos de seguridade pola alerta sanitaria do COVID-19.
  • Expón de forma clara as túas consultas e envía o formulario. Poñerémonos en contacto contigo para concretar a data, hora e detalles da reunión.

Este servizo estará dispoñible durante todo o período de matrícula, cada mércores ata o 27 de outubro de 2021. As entrevistas personalizadas realizaranse os mércores de 17:00-19:30 h.

Pide a túa cita xa!

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

  • COIE do C.A. UNED A Coruña no correo electrónico: coie@a-coruna.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es