Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aberto o prazo de preinscrición de Máster na UNED

20 de mayo de 2021

O alumnado de nova incorporación poderá solicitar desde hoxe a preinscrición nos másteres da UNED ata o 05 de xullo. O prazo para o Máster de Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas abrirase o día 20 de maio.

Desde hoxe está aberto o prazo de preinscrición para estudantes de nova incorporación aos estudos de Máster. 

A continuación mostrámosche as datas que tes que ter presentes para realizar a túa solicitude. 

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 5 de xullo de 2021. 

Excepcións: 

O MU en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas abrirá o prazo de preinscrición o 20 de maio e finalizará o 02 de xuño de 2021

Outros másteres que tamén pechan a preinscrición o 02 de xuño son: 

  • - MU en Estudos de Xénero 
  • - MU en Enxeñería e Ciencia de Datos 
  • - MU en Innovación e Investigación en Educación 
  • - MU en Intervención Educativa en Contextos Sociais 
  • - MU en Investigación en Intelixencia Artificial 
  • - MU en Prevención de Riscos Laborais: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosociología Aplicada 
  • - MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria 

O MU en Investigación en Historia da arte ten tamén un prazo especial para a preinscrición: do 17 de xuño ao 17 de xullo de 2021. 

E o MU en Administración Sanitaria abrirá a preinscrición en setembro de 2021, data aínda sen determinar. 

Os estudantes que xa están a cursar os estudos de Máster teñen de prazo do 10 ao 30 de setembro de 2021; coa excepción do MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o MU en Acceso á avogacía que será do 2 ao 9 de setembro

A matrícula para estudantes novos poderase formalizar do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021 e, para os demais estudantes, desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.

Máis información premendo aquí.

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es