Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Queres estudar na UNED? Xa están abertos os prazos de inscrición para os estudos de Grao, Micrograo, Máster e Doutoramento

20 de julio de 2021

Consulta toda a información aquí e inscríbete xa. A UNED adáptase a ti!

Xa están abertos os prazos de inscrición para realizar estudos na  UNED

Se desexas realizar un Grao, Máster ou Doutoramento a través da metodoloxía en liña, semipresencial e a distancia, a UNED adáptase ás túas necesidades. 

A UNED é a maior universidade de España, cos seus máis de 250.000 estudantes que cursan as súas titulacións oficiais: 28 graos, máis de 80 Másteres EEES, 20 Programas de Doutotramento Internacional, 16 idiomas e máis de 600 cursos de formación permanente

O noso sistema de ensino caracterízase pola utilización dunha metodoloxía didáctica específica, co emprego conxunto de medios impresos, audiovisuais e das novas tecnoloxías, especialmente as comunidades virtuais de aprendizaxe, así como a asistencia presencial e en liña ao alumnado a través do profesorado titor dos Centros Asociados.

Sabes como se estuda na UNED? 

Que podo estudar na UNED?

  • Consulta tódolos estudos que podes realizar na UNED premendo aquí.

A continuación resumimos as datas que tes que ter presentes para realizar a túa solicitude de inscrición segundo o tipo de estudos. 

Graos, Micrograos e Graos Combinados

Admisión

  • Do17 de xuño ao 21 de outubro de 2021 

Matrícula

  • Del 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021

Podes realizar os teus trámites de Admisión e Matrícula por Internet premendo aquí.

Máster 

Preinscrición

  • Do 19 de maio ao 5 de xullo de 2021.

Excepcións

O Máster Universitario (MU) en Investigación en Historia da Arte ten un prazo especial para a preinscripción que remata o 17 de xullo de 2021.

MU en Administración Sanitaria abrirá a preinscripción en septembro de 2021, data aínda por concretar. 

Os Másteres Universitarios que xa pecharon a súa preinscrición o 02 de xuño son o MU en Formación do Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, FP e Ensino de Idiomas; MU en Estudos de Xénero; MU en Enxeñería e Ciencia de Datos; MU en Innovación e Investigación en Educación; MU en Intervención Educativa en Contextos Sociais; MU en Investigación en Intelixencia Artificial; MU en Prevención de Riscos Laborais: Seguridade no Traballo, Hixiene Industrial e Ergonomía e Psicosociología Aplicada, e o MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria.

Os estudantes que xa están a cursar estudos de Máster teñen o prazo do 10 ao 30 de setembro de 2021; coa excepción do MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria e o MU en Acceso á avogacía que será do 2 ao 9 de setembro.

matrícula para estudantes de nova incorporación se poderá formalizar do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021 e, para os demáis estudantes, desde a autorización da solicitude de continuación de estudos ata o 21 de outubro de 2021.

Doutoramento 

Preinscrición  

  • Do 1 ao 30 de xuño de 2021.

Matrícula 

 

Seguimos online, seguimos contigo!

Máis información en:

--------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es