Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Curso "Seguridade informática na Internet e Redes Sociais"

31 de mayo de 2019

Celebrarase na sede da Coruña os días 17, 19 e 21 de xuño, en xornada de mañá e pode seguirse nas modalidades presencial e online (tanto en directo como en diferido)

O Centro UNED A Coruña acolle nas mañás do 17, 19 e 21 de xuño o curso "Seguridade Informática na Internet e Redes Sociais", dirixido a calquera persoa que interactúe e utilice no seu día a día Internet e redes sociais (Facebook, Twitter, Instagram, etc.) xa que a súa finalidade é ensinar as nocións básicas da seguridade informática (a nivel usuario). Pode resultar de interese tamén para pais e nais interesados en como configurar o acceso ás redes sociais dos seus fillos ou, tamén, a empresas e organizacións interesadas en implementar boas prácticas de seguridade informática.

O curso está dirixido e impartido polo coordinador Tecnolóxico do Centro, José Manuel Varela Senra. Exponse desde unha metodoloxía eminentemente práctica, con demostracións de casos reais de vulneración da seguridade informática en empresas e organizacións, así como das medidas tomadas para emendalos e evitar a súa nova aparición. En xeral, analizaranse as principais ameazas e vulnerabilidades dos sistemas informáticos, as medidas para evitar ou minimizar os riscos que conlevan e as ferramentas existentes para detectalas e combatelas de modo eficaz. Ademais, ensinarase ao alumnado a trazar un plan de seguridade e a adoptar boas prácticas como medida preventiva de seguridade.

Entre os temas a tratar no curso destacan os relativos a  a protección de datos de carácter persoal nos dispositivos informáticos e nas redes sociais, os requirimentos de confidencialidade, integridade e dispoñibilidade, a xestión do risco, así como a configuración para evitar o acceso de programas maliciosos e o establecemento do control de accesos dos sistemas informáticos á rede de comunicacións dunha organización.

José Manuel Varela Senra, é doutor en Ciencia e Tecnoloxía, máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA), máster en Xestión e Dirección Profesional da Empresa, programa Avanzado en Dirección Empresarial (PADE), posgrao en Comunicación Online e Redes Sociais, Consultor TIC, Social Media Management, experto no desenvolvemento de contidos audiovisuais, experto en xestión de negocios on-line 2.0, especialista en comercio electrónico (E-commerce) e profesor-titor do Centro UNED A Coruña.

O curso pódese seguir de forma presencial na sede do Centro Asociado da UNED da Coruña ou na modalidade online, por Internet, tanto a través de emisión en directo como en diferido. Consta de 25 horas de duración, 12 h. dedicadas á formación presencial e 13 h. ao traballo autónomo. Solicitouse o recoñecemento de 1 ECTS. 

Podes matricularte no curso aquí.

Máis información na Secretaría do Centro da Coruña (rúa Educación 3 – 15011, A Coruña), no teléfono 981 14 50 51 ou o correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es