Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Seminario de prácticas historiográficas e históricas. As humanidades dixitais desde a Historia"

2 de junio de 2017

Sesión teórico-práctica a cargo de Israel Sanmartín, prevista para o 13 de xuño a partir das 19:00 horas.

Israel Sanmartín Barros, doutor en Xeografía e Historia, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela e profesor titor do Centro Asociado UNED-A Coruña, impartirá o "Seminario de prácticas historiográficas e históricas. As humanidades dixitais desde a Historia", previsto para o próximo 13 de xuño a partir das 19:00 horas, na sede da UNED na Coruña.

Ao longo dunha sesión de carácter teórico-práctica, traballaranse exemplos da historia dixital en relación ao novo papel das revistas, redes sociais, novas formas de publicación, repositorios, dixitalizacións e asociacións profesionais, así como os cambios e incidencia na comunidade de historiadores.

A inscrición ao seminario é gratuíta, e a sesión poderase seguir de forma presencial e en liña.

---------------------------------------{}-------------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es