Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Sempre quixen ser psicólogo, e a UNED ofrecíame a posibilidade de selo e traballar ao mesmo tiempo"

6 de octubre de 2016

Álvaro Valcárcel Pérez, graduado en Psicoloxía na UNED. Curso 2015/2016.

Diplomado en Fisioterapia pola Universidade Autónoma de Barcelona (U.A.B) e graduado en Psicoloxía pola UNED.

Álvaro ha traballo no Centro Hospitalario de Manresa, no Centro de Día Atendo, en Santiago de Compostela e desde abril de 2014, desempeña a súa vida profesional como autónomo. A especialidade e servizo que ofrece á paciente xira ao redor de todo tipo de lesións, fundamentalmente as deportivas, tanto a nivel rehabilitador como preventivo

Por que decidiches realizar un Grao en Psicoloxía na UNED?

"Porque sempre quixen ser psicólogo, e a UNED ofrecíame a posibilidade de estudar para selo e traballar ao mesmo tempo".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Persoais".

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Ao ter que compaxinar estudo e traballo, tiven que organizar o tempo de forma diferente a outros anos, e o último curso vinme obrigado a realizalo en dous anos en lugar dun".

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"Un aumento de saídas laborais".

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"Si, os fins de semana tiven que dedicalos ao estudo".

Un pequeno xogo: tres aspectos positivos e tres non tan positivos do teu paso por esta universidade.

"Positivos: xusto, produtivo, iluminador. Negativos: estresante, duro, decepcionante".

Anímasche a seguir estudando?

"Si. Gustaríame poder acceder ao Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria".

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es