Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Taller de presentación de traballos: Sabes que é unha PEC?

21 de septiembre de 2016

Plan de Acollida ao Alumno curso 2016/2017.

O vindeiro mércores 28 de outubro, a UNED da Coruña, na súa sede herculina, acollerá o taller de presentación de traballos: "Sabes que é unha PEC?

A partir das 18:00 horas, María Díaz de Robles, coordinadora de Extensión Universitaria, e titora, expoñerá a todos os alumnos matriculados no Centro-principalmente a alumnos de primeiros cursos- todas as variables ao redor das probas de avaliación continua.

Actividade enmarcada dentro do Plan de Acollida ao Alumno para este curso académico, ofrecerase na modalidade online ou ben de forma presencial e será de acceso libre.

No marco do Espazo Europeo de Educación Superior, as materias inclúen entre os seus materiais didácticos algún tipo de Proba de Avaliación Continua (PEC), que permitirá, por unha banda, comprobar o avance dos coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, e por outro, desenvolver as competencias establecidas no programa.

Estas probas supoñen outra forma de avaliación mesmo de autoevaluación, con carácter individual e en formato traballos que se poden realizar desde na distancia.

Durante este taller o alumno poderá coñecer que son estas probas, os prazos e forma de entrega e quen as avalía.

O obxecto desta actividade é ofrecer información que facilite ao alumno a realización ou non destas probas. Tendo en conta o seu carácter optativo; utilidade ou non da súa realización e entrega posterior; valoración en función dos prazos e nivel de puntuación; cálculo de porcentaxe nas notas segundo o tipo de PEC.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es