Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Taller: Como planificar os teus estudos. Curso 2019/20

16 de octubre de 2019

Actividade gratuíta incluída Plan de Acollida do curso 2019/20 que se celebrará o 23 de outubro na sede da Coruña, en modalidade presencial e online (emisión en directo)

O vindeiro mércores 23 de outubro terá lugar o taller Como planificar os teus estudos, ás 19:00 h no Salón de Actos da sede da Coruña. Esta actividade, incluída no Plan de Acollida do curso 2019/20, organizada desde o COIE do Centro, está dirixido a estudantes de nova incorporación ao Centro UNED A Coruña e Ferrol, no curso 2019/2020, especialmente os de primeiro curso de Grao e do Curso de Acceso, así como estudantes da UNED en xeral.

Os obxectivos deste taller son informar o alumnado sobre as particularidades do estudo na UNED, facendo especial fincapé na necesidade de realizar unha planificación operativa, dar a coñecer os principais factores que hai que ter en conta para planificar o estudo e orientar sobre as estratexias necesarias para a planificación do tempo de estudo. 

O taller será impartido por Nuria Rebollo Quintela, coordinadora do COIE do Centro UNED A Coruña, que ensinará ao alumnado presente:

  • 1. Particularidades do estudo na UNED. Factores inherentes á planificación do estudo:

    • - Recursos materiais e humanos necesarios.
    • - Ritmos persoais.
    • - Nivel de dificultade da tarefa.
    • - Xestión de tempos de traballo, estudo e descanso, …
  • 2. Estratexias para a planificación do tempo de estudo:
    • - Determinar os obxectivos e demandas das tarefas de forma clara.
    • - Analizar o tempo dispoñible para o estudo.
    • - Establecer prioridades en función dos obxectivos que se persegue e o tempo dispoñible.
  • 3. Ferramentas para xestionar a túa planificación.

As persoas interesadas poden asistir tanto de maneira presencial coma online (emisión en directo unicamente). O acceso é gratuíto, aínda que é necesaria a inscrición a través da plataforma on-line. 

Podes inscribirte nesta actividade aquí

Plan de Acollida do curso 2019/20  está pensado para facilitar unha rápida adaptación dos nosos e das nosas estudantes á contorna universitaria da UNED e ás posibilidades de atención titorial, presenciais e on-line ás que poden ter acceso. Consulta todas as actividades aquí

Podes descargar o tríptico informativo sobre o Plan de Acollida aquí e o específico sobre as Xornadas de Puertas Abertas aquí 

Non te esquezas de ver o noso vídeo de Benvida con máis información aquí

¡Apúntate xa!

Máis información en:

  • - Secretaría do C. A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es