Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Taller "De estudante a estudante: experiencias sobre as oportunidades de formarse na UNED"

18 de septiembre de 2019

Actividade gratuíta incluida no Plan de Acollida do curso 2019/20 que se celebrará o luns 30 de setembro na sede de A Coruña, se pode seguir en modalidade presencial e online 

O vindeiro luns 30 de setembro terá lugar a primeira actividade do Plan de Acollida do curso 2019/20 que, ademáis, é unha iniciativa novedosa que poñemos en práctica por primeira vez neste curso. Trátase do encontro "De estudante a estudante: experiencias sobre as oportunidades de formarse na UNED". Este é un taller práctico no que diferentes perfís de estudantes do Centro exponrán as súas experiencias en torno ao estudo, a metodoloxía e as oportunidades que ofrece o estudo a distancia na UNED. A finalidade é exponer de manera práctica e reflexiva as vivencias de cada estudante a través de relatorios en primeira persoa e o que supón para cada cal o estudio na UNED. 

Germán Carro Fernández, director doCentro Asociado UNED A Coruña e antigo alumno do Centro; José Manuel Varela Senra, profesor-titor e antigo alumno e Noelia Moreta Liñares, Delegada de Estudantes e alumna do Centro, serán os encargados de expoñer as súas vivencias, confluindo a perspectiva de antigos e novos alumnos, mostrando diferentes facetas do estudio a distancia, así como as oportunidades de formación en función das diferentes etapas e necesidades de cada estudiante.

A actividade está dirixida a estudiantes de novo ingreso da UNED, así como para aquelas persoas que están pensando en matricularse nesta universidade. Ademáis, pódese seguir en modalidade presencial e tamén online, tanto a través da emisión en directo como en diferido. O acceso é gratuíto, aíndaque é necesaria a inscripción a través da plataforma on-line para poder asistir. 

Podes inscribirte nesta actividade aquí

Plan de Acollida do curso 2019/20  está pensado para facilitar unha rápida adaptación dos nosos estudiantes ao entorno universitario da UNED e ás posibilidades de atención titorial, presencial e on-line ás que poden ter acceso. Consulta todas as actividades aquí. Podes descargar o tríptico informativo aquí.

Visualiza o noso Vídeo de Benvida con máis información aquí

¡Apúntate xa!

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es 

  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es 

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 11:00hs el 3 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es