Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Taller: Consellos básicos para os exámenes na UNED

29 de abril de 2019

Actividade gratuíta que se celebrará o 08 de maio, en modalidade presencial e online (emisión en directo)

A actividade, de carácter gratuíto e incluída no Plan de Acollida ao Alumnado 2018/19, está dirixida a estudantes do Centro UNED A Coruña e da Aula de Ferrol, especialmente de interese para o alumnado de primeiro curso de Grao e do Curso de Acceso, aínda que tamén para estudantes da UNED en xeral.

taller: Consellos básicos para os exames na UNED, organizado en colaboración co Centro de Orientación, Información e Emprego (COIE) do Centro, está destinado a informar aos e as estudantes do Centro sobre a realización das probas presenciais desde un punto de vista práctico. Explicarase:

- O procedemento para presentarse aos exames: como facer a solicitude, onde se poden realizar, como buscar a información sobre os horarios, que é o que tes que presentar e onde para poder entrar, como podes saber onde che tes que sentar, como saber o tempo do que dispós para realizar o exame, como e onde tes que entregalo, etc.

- Daranse consellos e recomendacións xerais para afrontar as probas presenciais con éxito: que se pode levar e que non á aula, como cubrir adecuadamente o exame, cales son os erros máis típicos e como evitalos, que consecuencias teñen determinadas accións, etc.

TIPS para o estudo e repaso final: como organizarse, como reducir a ansiedade, como repasar, que materiais consultar, etc.

A formación estará a cargo de Ana Mónica Novo García, Secretaria Xeral e Coordinadora Académica do Centro UNED A Coruña, Nuria Rebollo Quintela, Coordinadora do COIE A Coruña e José Manuel Varela Senra, Coordinador Tecnolóxico Centro UNED A Coruña e membro da comisión de apoio de probas presenciais do Centro. 

A inscrición é gratuíta e podes seguilo de maneira presencial ou online (emisión en directo). Se tes algunha dúbida sobre os exames na UNED ¡aproveita esta oportunidade! 

Podes inscribirte gratis aquí.

Máis información no servizo de Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es

-----------------------{}----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña  

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es