Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Últimos días para matricularse na UNED

19 de octubre de 2018

O prazo finaliza o martes 23 de outubro, para os estudos de Grao, Másteres Oficiais e Cursos de Acceso para maiores de 25 e 45 anos. Os alumnos interesados en estudar Idiomas (CUID) poden matricularse ata o 8 de novembro.

>>Nota de prensa<<

Estudos Oficiais de Grao

O Centro Asociado UNED A Coruña oferta estudos oficiais de Grao en Antropoloxía Social e Cultural, Filosofía, Estudos Ingleses: Lingua, Literatura e Cultura, Xeografía e Historia, Historia da arte, Lingua e Literaturas Españolas, Psicoloxía, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas, Ciencia Política e da Administración, Dereito, Economía, Educación Social, Pedagoxía e Socioloxía, Traballo Social, Turismo, Ciencias Física, Química e Matemáticas, Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Enxeñería Eléctrica, Enxeñería en Tecnoloxías da Información, Enxeñería en Tecnoloxías Industriais, Enxeñería Informática, Enxeñería Mecánica.

Desde o ano académico 2017/18, a oferta académica da UNED na Coruña inclúe o Grao en Criminoloxía, sendo a UNED a única universidade en Galicia que ofrece estes estudos con carácter oficial.

Ofrécese tamén a posibilidade de realizar 12 Graos combinados; unha modalidade que permite obter dúas titulacións de Grao distintas cursando unha delas completa e, como máximo, a metade dos créditos necesarios para a obtención da segunda.

Másteres Oficiais e Doutoramento

Os alumnos admitidos nos Másteres Oficiais poden formalizar a súa matrícula ata o 23 de outubro. Mentres que os admitidos nos programas de Doutoramento teñen de prazo ata o 15 de novembro para formalizar a súa matrícula.

Idiomas a distancia

No Centro Asociado na sede da Coruña e Aula de Ferrol e desde a modalidade en liña, pódese estudar inglés, francés, alemán, italiano, portugués, xaponés, árabe, español para estranxeiros, galego, catalán, éuscaro e lingua de signos española.

Os niveis de idiomas que ofrece o Centro Universitario de Idiomas Dixital e a Distancia (CUID) están adaptados aos do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

A matrícula no CUID permanecerá aberta ata o 08 de novembro.

Trámites administrativos

A matriculación realízase en liña a través da páxina web da sede central da UNED (www.uned.es), que permite realizar todas as combinacións posibles e obter toda información sobre prezos, créditos e materias.

Para máis información chamar á secretaría do Centro Asociado na Coruña ao teléfono 981 14 50 51, na aula de Ferrol ao 981 36 40 26

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es