Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Aberta

20 de junio de 2016

Programados novos cursos MOOC para xullo.

Título: Os meus primeiros pasos na UNED: Paso 0. Descobre a UNED.

Descripción: Nesta serie titulada "Os meus primeiros pasos" se quere dar a coñecer á UNED e todo o seu potencial. Coñecer a UNED non é fácil, a súa complexa infraestrutura, a multitude de persoas implicadas, a variedade de recursos, a cantidade de ferramentas dispoñibles fan dela una das opcións máis importantes para calquera persoa, independentemente das súas preferencias, características persoais ou a súa localización física.

Estrutura. Consta de catro módulos independentes:

  • 0. Descobre a UNED.
  • 1. Os espazos virtuais do estudante da UNED.
  • 2. A titoría na UNED.
  • 3. Metodoloxía e planificación para estudar na UNED.

Data de inicio: 5 de xullo de 2016.

Duración: 5 horas.

Máis información e matrícula aquí.

----------------------------------{}------------------------------

Título: Os meus primeios pasos na UNED: Paso 1. Os espazos virtuais do estudante na UNED.

Estrutura: Agrúpase en 3 módulos:

  • Un primeiro bloque de presentación da Universidade que de forma xenérica mostra ao futuro estudante a información xeral da Universidade, e que está dispoñible para todos os públicos, é o Portal UNED ou Campus UNED e que é a porta de entrada ao Campus virtual, en concreto ao Campus do estudante. Este espazo xa aparece restrinxido aos estudantes matriculados e mostra os servizos ao estudo, acceso aos cursos virtuais, secretaría virtual, consulta de cualificacións, apoio técnico, etc.
  • O segundo bloque está definido pola plataforma institucional educativa virtual aLF que a UNED utiliza e que constitúe o soporte no que descansan a maioría dos cursos e materias nas que o estudante se matricula (Graos, Másteres oficiais, títulos propios, doutoramento, cursos de formación).
  • O terceiro bloque constitúeo INTECCA-AVIP, responsable da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico na ampla rede de Centros Asociados que a UNED ten implantados en toda España e en diversos puntos no estranxeiro.

Data de inicio: 5 de xullo de 2016.

Duración: 15 horas.

Máis información e matrícula aquí.

----------------------------------{}------------------------------

Título: Clasificación, recoñecento e beneficios do grao de discapacidade. a valoración psicolóxica.

Descripción: Este curso é interesante para solucionar calquera dúbida que poida xurdir en relación a todo o proceso de valoración da discapacidade. En especial en todo o referente á valoración psicolóxica. Unha oportunidade única que lle proporcionará toda a información necesaria para obter os coñecementos básicos das normas que se aplican.

Data de inicio: 4 de xullo de 2016.

Duración: 25 horas.

Máis información e matrícula aquí.

----------------------------------{}------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es