Está aberto o prazo de matrícula para inscribirse na UNED Sénior A Coruña.
O teléfono de contacto é o da secretaría do Centro Asociado na Coruña, 981 14 50 51 ou ben a través dos Concellos colaboradores.
Actualmente o ámbito de influencia da UNED Sénior do Centro Asociado da Coruña abarca os municipios de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade, Rianxo e Lousame. Luís Anxo Rodríguez Patiño é o coordinador xeral do proxecto.
Algunhas das materias que se impartirán este curso académico son:
O programa UNED Sénior desenvólvese no rural galego, é parte da súa característica máis peculiar, a súa idiosincrasia, a diferenza do que ocorre cos programas Sénior doutras Universidades ou doutros Centros Asociados da UNED.
O obxectivo principal sempre se sustentou en achegar o contido universitario aos maiores do entorno rural.
Máis información na páxina web da UNED A Coruña e na web da UNED.
----------------------------{}---------------------------
A información desta noticia e o contido das ligazóns, está actualizada a data da súa publicación de orixe, 12 de setembro de 2016.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en: