Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED SÉNIOR: Crónica da clase de Historia da Mediciña contada por unha alumna

13 de mayo de 2021

De novo, Fina Calvo Sánchez, alumna da Aula da UNED Sénior en Paderne, relátanos as súas impresións sobre a actividade, a través dunha reflexión sobre a pandemia

Unha vez máis, a nosa cronista máis veterana, Josefina Calvo Sánchez, de 80 anos, natural de Aranga e alumna da aula da UNED Sénior en Paderne, remítenos as súas reflexións sobre as clases durante a pandemia. 

Nesta ocasión, a nosa alumna comenta a súa experiencia na clase do pasado día 07 de maio, impartida por Marcelino Mosquera Pena, Médico Geriatra, e que se centraba na Historia da Medicina, particularmente en Galicia e en todo o relacionado coa Medicina rural.

Reunión do 07-05-2021

O día 7 de Maio, a pedimento do noso coordinador, un grupo reducido da UNED Senior da Coruña celebramos unha comida en Irixoa con todas as medidas de protección recomendadas por culpa da pandemia que vivimos, coa que xa levamos un ano longo e aínda non sabemos canto máis durará.

Estamos a esperar todos como a auga de maio que podamos volver canto antes ás clases cos nosos profesores, monitores e todas esas persoas que nos fan a vida un pouco máis levadía, sobre todo ás persoas de máis idade que xa a poucos máis sitios podemos ir; como eu, por exemplo, que con oitenta anos e mobilidade reducida, resúltanme un aliciente para sentirme útil no medio desta gran familia.

Como dicía antes, o día 7 en Irixoa, despois da comida, o Doutor Marcelino e a súa esposa, déronnos unha charla estupenda sobre as pandemias que houbo no mundo en séculos pasados e tamén sobre a que estamos a pasar agora. Explicáronnos detalladamente a importancia que ten que nos vacinemos, os beneficios de estar vacinados con calquera das vacinas e que por moitas contrariedades que escoitemos, o esencial é vacinarse.

Só me queda agradecer ao noso coordinador e a toda esta boa xente que, voluntariamente, fai un esforzo para poder facer estas pequenas reunións e que aos poucos vaiamos saíndo deste peche forzoso. Parece mentira que unha cousa tan pequena, que nin sequera vemos, sexa capaz de privarnos de liberdade e mesmo impida que nos reunamos cos nosos familiares.

JOSEFINA CALVO SÁNCHEZ

Grazas a ti Josefina, unha vez máis por compartir con toda a comunidade universitaria as túas impresións!

Coñece máis sobre a UNED Sénior da Coruña premendo aquí ou sobre outras actividades realizadas, consultando o Blogue deste programa premendo aquí

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es