Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED SÉNIOR: Crónica da presentación do libro "Lareira de Soños" relatada por unha alumna

29 de abril de 2021

Fina Calvo Sánchez, de 80 anos, natural de Aranga e alumna da aula da UNED Sénior en Paderne, relátanos as súas impresións sobre a actividade, a través dunha reflexión sobre a importancia das zonas rurais e de como estudar sendo Sénior en tempos de pandemia

O pasado martes 27 de abril, a UNED Sénior da Coruña organizou o acto de  presentación do libro Lareira de soños (Edicións Fervenza, 2021) da escritora Pastora Veres. 

Entre o grupo de asistentes estaba Josefina Calvo Sánchez, de 80 años, natural de Aranga e alumna da Aula da UNED Sénior en Paderne. Todo o alumnado presente seguíu con interese a exposición da obra por parte da autora, que trata da cultura, a memoria, as relacións e as tradicións dunha parroquia da Terra Chá.

O coordinador da UNED Sénior A Coruña, Luis Rodríguez Patiño, animou ao alumnado presente a facer unha crónica do evento. Josefina non o dibudou e esa mesma tarde nos remitiu o seguinte escrito.

Queremos compartir con tódala nosa comunidade universitaria esta reflexión, que amosa a importancia da aprendizaxe e o estudo a calqueira idade. 

Reunión del 27-04-2021

O 27 de Abril a petición do noso Coordinador Don Luís Rodríguez Patiño, un pequeno grupo da UNED SENIOR de Paderne, e algunha persoa doutro sitio máis, con todas as medidas de protección, reunímonos no Restaurante O Garfo, en Irixoa, e pasamos unha mañá divertida con motivo da presentación dun libro. A autora explicounos detalladamente cada unha das historias redactadas nel.

Trata de vivencias e traballos que se pasaban sobre todo nas aldeas polos anos corenta, cincuenta, sesenta e aínda nos setenta; debía de haber moita máis xente que se adicara a recuperar todas aquelas historias, pois hai xente que se avergoña de nacer e vivir nas aldeas. Eu, na miña humilde opinión, penso que as aldeas foron o principio e o sostento das ciudades, os labregos sen estudios nin recursos colleitábamos para nós e para os das ciudades, que, por moitos estudios que tiveran, sen os campesinos morrerían de fame.

Por iso eu non entendo como as aldeas non están máis valoradas e non teñen máis axudas. Hai que ensinar á xente nova, ós nenos e nenas de onde ven o leite, o queixo, as patacas, a fariña para facer o pan, etc. Todo iso non nace nos supermercados, senón que nace do esforzo da xente das aldeas. Nós non temos que avergoñarnos de nada… pola contra, podemos estar moi orgullosos de que non nos fai falla ningún libro para colleitar para comer e non temos medo a pasar fame.

E por iso dou as grazas e paréceme moi interesante que haxa xente nova presentando este libro; e que se recollan as historias da súa aldea e os seus arredores, como cando se alumeaba con gas ou cando se ía á fonte buscar auga coa sella na cabeza.

E grazas tamén ó noso coordinador, porque aínda que sexa en grupiños pequenos, podemos ir véndonos un cachiño as caras, xa que esta maldita pandemia encerrounos nas casas privándonos de liberdade como se fósemos apestados. Temos que dar grazas a Deus por estar vivos, que tanta xente morreu e aínda está a morrer; pois esperamos ter axiña outra xuntanza, xa que botamos moito en falla as reunión entre amigos, as charlas e as comidas, todo o bo compañeirismo.

JOSEFINA CALVO SÁNCHEZ

Podedes ler a crónica enviada por Josefina premendo aquí

¡Grazas a ti Josefina, por ser un exemplo a seguir por tódala nosa comunidade universitaria! 

A continuación, amosámosvos unhas imaxes do evento cedidas polo alumnado da UNED Sénior da Coruña e a organización. 

  • Imaxe: a autora do libro Lareira de SoñosPastora Veres xunto con Luis Rodriguez Patiño, coordinador da UNED Sénior da Coruña, durante o acto de presentación o pasado 27 de abril. 

  • O alumnado seguiu o acto con interese, cumprindo de xito exemplar con tódalas medidas de seguridade e hixiene fronte á COVID-19.

Coñece máis sobre a UNED Sénior de A Coruña premendo aquí ou sobre outras actividades realizadas, consultando o Blogue deste programa premendo aquí

Máis información en:

-------------------------{}------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Instagram

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña   

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es