Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior

23 de abril de 2019

Coñece as actividades da UNED Sénior da Coruña

O alumnado máis veterano da UNED da Coruña segue sendo un exemplo de compromiso coa educación e formación para as cales a idade non é un impedimento. Durante este curso académico, do mesmo xeito que nos anteriores, o alumnado Sénior da Coruña realizou diferentes visitas a museos e exposicións da provincia, cumprindo cos obxectivos de ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida, o seu desenvolvemento persoal e proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento da contorna cultural.

Durante o curso 2018-19 visitaron, sempre xunto a Luis Anxo Rodríguez Patiño, coordinador da UNED Sénior da Coruña, a casa Museo Santiago Casares Quiroga (A Coruña), o Pazo de Mariñán (Bergondo), a Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso, o Sporting Casino e edificios modernistas en A Coruña, o Centro Hípico Casas Novas (Arteixo), os muíños e batans de Vimianzo e a exposición "Castelao Maxistral" na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Pero a súa actividade esténdese máis aló da provincia da Coruña, visitando o Museo Galego do Entroido (MuGaE) en Xinzo de Limia (Ourense), o Pazo de Rubianes (Vilagarcía de Arousa) ou diversas zonas do norte de Portugal.

No Blogue da UNED Sénior os alumnos e alumnas relatan as súas experiencias, a súa aprendizaxe persoal, mostrando unha visión persoal do aprendido durante estas actividades educativas e culturais, tan necesarias para complementar a formación recibida nas Aulas Sénior xa que, como afirman, son "outra oportunidade de seguir adquirindo coñecementos" rompendo ademais coa súa "rutina rural".

O programa UNED Senior organizado polo Centro UNED A Coruña ten unha peculiaridade: pretende achegar a Universidade ao medio rural; por iso, as clases non se desenvolven no Centro Asociado da Coruña nin na aula Universitaria de Ferrol, senón en distintas sedes do rural galego situadas nos municipios colaboradores que neste momento son 12: A Baña, Aranga, Boiro, Guitiriz, Irixoa, Lousame, Monfero, Paderne, Padrón, Porto do Son, Rianxo e Xermade.

Animámoste a consultar o Blogue da UNED Sénior da Coruña aquí.

Se queres coñecer máis sobre a UNED Sénior, pulsa aquí.

Máis información en:

  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (rúa Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (rúa María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
-----------------------{}----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Blogue UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es