Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

31 de octubre de 2016

Os séniores celebraron o comezo das clases en Lousame.

O pasado venres 28 de outubro, os participantes do Programa Sénior UNED A Coruña; representantes dos Concellos colaboradores; coordinadores; profesores e alumnos, compartiron espazo na Escola de Minas de San Finx, Lousame, a modo de celebración con motivo do comezo das clases.

María Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame, actuou como anfitrioa acompañada de Carme Freire, membro da Asociación Maisdetres, impulsora e dinamizadora do programa sénior na zona e docente da moitas das actividades formativas. En representación da UNED actuou Germán Carro Fernández, director do Centro Asociado UNED A Coruña, e Luís Anxo Rodríguez Patiño, coordinador da UNED Sénior no Centro e alma mater do programa.

O arqueólogo Felipe Senén López, atopábase na primeira fila de butacas, en representación do estamento docente.

Durante o acto, Fernando Docampo, profesor de Música Tradicional en Lousame interpretou o Gaudeamus Igitur e María Teresa Sobradelo expuxo a presentación: "Historia e Patrimonio Mineiro do Concello de Lousame".

                                                             -------------------------------------------------------

"Agradecer a todos a súa presencia, autoridades, docentes e alumnos pero sobre todo a Luis Angel Rodriguez Patiño como coordinador da UNED Sénior de A Coruña. Quero tamén un ano máis agradecer a participación dos nosos alumnos nas actividades, eventos e asignaturas da UNED Sénior. Vós representades ó espíritu de curiosidade e da búsqueda de coñecemento que reflexa a existencia da nosa Universidade.

E mais, eu pensó que a verdadera verba que definiría a un home ou muller que elixe a senda do coñecemento durante a súa vida, non debería ser ‘alumno’, debería ser ‘mestre’, porque os podo garantir que calquera de vós, é capáz de ensinarnos moito máis do que os nosos metres os poidan ensinar a vos. Porque a experiencia, as vivencias e a propia vida son a verdadeira Universidade, é o verdadeiro coñecemento, e ese coñecemento é o que nos da a liberdade, a independencia persoal e nos axuda a que a nosa alma se alimente igual que o noso corpo. Unha mente activa, dinámica e aberta a novos aprendizaxes arrastra ó corpo tras ela día a día.

Vos sodes para nos eses mestres que queren continuar aprendendo ó tempo que queren compartir o aprendido e, ó tempo que queren seguir avanzando día a día a través da curiosidade.

Hoxe inauguramos un ano máis a UNED Sénior, empezamos xa cun novo ano de traballo para facilitarvos una vez mais esa labor de adquisición de coñecemento, para continuar aumentando as vosas e as nosas vivencias e aprendizaxes. Por eso quero darvos a todos a noraboa polo voso espíritu de aprendizaxe e quero animaros a que continuades buscando o coñecemento pero sobre todo a que o continuades compartíndo ese coñecemento connosco.

Gracias a todos e todas e dou por inaugurado o ano académico da UNED Sénior".

Palabras de Germán Carro Fernández, director da UNED A Coruña.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es