Vídeos da actividade: "Mercado do crédito hipotecario e información precontractual"
22 de noviembre de 2018
Se te perdiches esta actividade organizada pola ADICAE no noso Centro o pasado 09 de novembro, agora pódela ver na nosa Videoteca.

Xa están dispoñibles na nosa web as grabacións do Encontro sobre "Mercado do crédito hipotecario e información precontractual" que se celebrou na sede da Coruña o venres 09 de novembro.
Nesta xornada, organizada pola ADICAE Galicia, de acceso gratuíto i emitida a través de streaming, diferentes expertos presentaron cuestións sobre o mercado hipotecario, a oferta hipotecaria, a información precontractual i, en xeral, sobre os problemas máis habituais dos consumidores. Dita actividade, enmarcada dentro do proxecto concedido á ADICAE por AECOSAN, Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social): “Retos dos consumidores nas hipotecas e créditos: contratación a distancia con entidades financeiras e non financeiras”, tiña como obxectivo principal a análise da situación actual do mercado hipotecario desde o punto de vista xurídico e desde o punto de vista económico, co fin de formar e informar nun consumo crítico e responsable.
Se te perdiches a actividade, agora pódela ver a través dos seguintes vídeos:
- Apertura e presentación a cargo de Dª. Ana Belén Folgar, Secretaria Xeral de ADICAE Galicia e Perspectiva da Xudicatura, impartida por D. José María Fernández Abella, Maxistrado - Xuiz na Coruña.
- Perspectiva da Avogacía, impartida por Dª. Mª Belén Fuentes Salorio, Avogada especialista en Dereito Bancario.
- Perspectiva da Procuradoría, impartida por D. Juan Ramón Pedreira Espiñeira, Procurador especialista en Dereito Bancario.
- Perspectiva Económica: Conceptos básicos, impartida por Dª. Lucía Boedo Vilabella, Profesora de Economía da Universidade da Coruña (UDC) e Dra. en Economía Financeira e Contabilidade.
- Perspectiva Económica: Visión global, impartida por D. José Antonio Pena Beiroa, Economista Consultor.
- Clausura, a cargo de D. Manuel Ferreiro García, Consello Xeral ADICAE Galicia.
Lembra que tamén pódelos atopar na sección de "
Videoteca" desta páxina web ou na canle de
YouTube do Centro Asociado da Coruña.
----------------------------{}---------------------------
Síguenos en:
Facebook
Twitter
YouTube
Blog UNED Sénior A Coruña