Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O Centro UNED A Coruña participará nas "XXVII Xornadas de orientación universitaria e profesional: Ti elixes!"

29 de marzo de 2019

O venres 05 de abril o COIE do Centro participará na Mesa informativa de Universidades

As "Xornadas de orientación universitaria e profesional: Ti elixes!", organizadas polo Concello da Coruña, "están dirixidas ao alumnado de 4º de ESO, FP e Bacharelato que desexe coñecer os ciclos formativos e estudos superiores de deseño que se imparten na cidade, así como os estudos universitarios da comunidade autónoma galega."

Como parte das catro universidades públicas presentes na comunidade, o Centro da Coruña participará na XXVII edición destas importantes xornadas para informar as persoas interesadas sobre a oferta de estudos da UNED e as vantaxes que ofrece para o seu alumnado. O COIE da Coruña será o encargado informar ás e os estudantes sobre os distintos graos, másteres, idiomas, etc., que poden cursar nesta Universidade, así como das oportunidades e comodidades que ofrece o estudo a distancia, especialmente debido ás vantaxes tecnolóxicas que brinda o sistema de educación online da UNED.

A semana do 1 ao 5 de abril está dedicada integramente aos estudos universitarios e, o Centro Asociado da Coruña participará xunto ás Universidades da Coruña (UDC), Santiago (USC) e Vigo (UVI), na mesa de presentación de universidades, que se celebrará o venres 05 de abril ás 19:00h no Centro Universitario de Riazor (CUR).

Podes consultar ou descargarche o tríptico informativo aquí.

Máis información en:

  • - COIE A Coruña (consulta o horario de atención aquí), no teléfono 981 145015 ou no correo electrónico: coie@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría do C.A. UNED A Coruña (r/ Educación 3 -15011 A Coruña), no teléfono: 981 14 50 51 ou no correo electrónico: info@a-coruna.uned.es
  • - Secretaría da Aula UNED de Ferrol (r/ María, 54 - 15402 Ferrol) no teléfono: 981 36 40 26 ou no correo electrónico: info@ferrol.uned.es
-------------------------------{}-------------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

YouTube

Bloge UNED Sénior A Coruña

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 11:00hs el 3 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es