Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Exames adaptados

15 de enero de 2015

Todo o que necesitas saber.

Como solicitar adaptacións

No momento da realización da matrícula, por internet, tanto se o fas de forma individual ou acodes ao teu Centro Asociado.

Podes solicitar as adaptacións para cada unha das súas materias a través dun apartado específico dentro dos formularios da web de matrícula. Para acceder a estes apartados tiveches que encher previamente o dato referente ao grao e tipo de minusvalidez dentro da túa información persoal. Este dato é obrigatorio para realizar a solicitude e sen el a aplicación web de matrícula non permite realizar a solicitude de adaptacións.

Unha vez solicitadas as adaptacións que se precisen débese:

  • Imprimir o documento que xera a aplicación de matrícula e que será un comprobante de que as adaptacións foron solicitadas.
  • Envialo asinado a UNIDIS.
  • Acompañar ao envío de UNIDIS unha copia do Ditame Técnico Facultativo ou Certificado Médico Oficial nos que conste o diagnóstico da minusvalidez.
  • Se te achegaches ao Centro Asociado a formalizar a túa matrícula, deberás indicarlle á persoa que estea a tramitar a matrícula on-line que debe encher a solicitude de adaptacións de exame.

Durante as probas presenciais

  • No momento de realización das probas presenciais os estudantes deberán comunicar aos tribunais de exame as adaptacións concedidas. Para iso é obrigatorio acudir ás probas presenciais coa Resolución recibida.
  • Esta comunicación é imprescindible e obrigatoria cando as adaptacións supoñen un cambio na duración, formato ou soporte do exame enviado polos Equipos Docentes ou cando implican axustes na forma de resposta este por parte do estudante.
  • Unha vez concluídas as probas, UNIDIS realizará unha valoración do seu desenvolvemento en cada convocatoria. Para iso é conveniente que os propios estudantes fagan chegar aos Técnicos de UNIDIS as observacións que consideren oportunas.

Máis información aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es