Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Idiomas CUID - Proba Libre

30 de abril de 2015

Prazo do 1 ao 30 de maio.

Que é a Proba Libre de Acceso para Idiomas no CUID?

  • É un exame de nivel que serve para acreditar as competencias lingüísticas en idiomas segundo as directrices do MCER.

De que idiomas podes facer a proba libre?

  • Inglés B1, B2
  • Francés B1

Que certificado obtés se a superas?

  • Os certificados contan co selo de calidade CertACLES, recoñecido por CercleS (Confederación Europea de Centros de Linguas no Ensino Superior) e avalado pola CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas).
  • Todas as titulacións da UNED que requiran certificación de idiomas tamén recoñecen os certificados do CUID obtidos na proba libre.
  • AVISO: os estudantes do Máster de Profesorado non necesitan presentar ningún xustificante de ter superado a proba, a Secretaria do Máster ten a información no momento no que as cualificacións están na aplicación informática.

Como se desenvolve?

Consta de dúas partes, unha oral e outra escrita.

  • Modelos da proba escrita:

Proba Oral

  • O exame oral desenvolverase a través de aplicación informática L-Oral.
  • Durante o proba, avaliarase a comprensión auditiva e expresión oral.
  • Anularase o exame de calquera persoa que lea algo que escribiu en lugar de falar directamente na proba oral.
  • AVISO: durante os primeiros cinco segundos, deben mostrar á cámara o seu documento de identidade (anverso con fotografía e reverso).

Que se esixe para superala?

  • Para obter a acreditación é necesario superar as dúas partes: escrita e oral.

Cando podes matricularte?

  • Do 1 ao 30 de maio de 2015.

Canto costa a matricula?

  • Matrícula xeral: 100 €.
  • Matrícula reducida: 75 €. Colectivos con redución de matrícula:
    • Alumnos da UNED en ensinanzas oficiais ou non oficiais.
    • Membros do PDI, FPI ou PAS da UNED.
    • Profesor titor ou PAS dalgún centro asociado ou centro de apoio da UNED.
    • Estar incluído nalgún convenio co CUID

Como se formaliza a matrícula?

  • Acceder ao portal da UNED.
  • Acceso ao CAMPUS.
  • Unha vez autenticado, selecciona estudos > admisión e matrícula > acceso a matrícula > matrícula libre de idiomas.
  • Imprime a documentación de matrícula.
  • Realiza o ingreso en calquera oficina do Banco de Santander.
  • Envía por correo postal (ou por valixa bancaria) unha fotografía de carné e o "Exemplar para o CUID" selado polo banco á seguinte dirección: Secretaría do CUID (UNED). Aptdo. correos 50487. 28080 Madrid.

Cando podes realizala?

A parte escrita:

Realizarase o día 6 de xuño.

  • Ás 12.00 horas nos centros asociados da península.
  • Ás 11.00 no de Tenerife.

A parte oral realizarase do 12 de maio ao 13 de xuño.

  • Alumnos cuxo primeiro apelido comeza polas letras A a M: antes do 26 de maio.
  • Alumnos cuxo primeiro apelido comeza polas letras N a Z: antes do 2 de xuño.
  • Resérvanse os días do 3 ao 13 de xuño para incidencias, incluídas as matrículas tardías.

Onde podes realizala?

  • A Coruña: R/ Pepín Rivero, 3 -15011 A Coruña
  • Albacete: Travesía da Igualdade, 1 -02006 Albacete
  • Barcelona: Avda. Río de Janeiro, 56-58 -08016 Barcelona
  • Barbastro: R/ Argensola, 55 e 60 -22330 Barbastro (Huesca)
  • Madrid
  • Málaga: R/ Sherlok Holmes, 4 -29006 Málaga
  • Pontevedra: R/ Portugal, 1 (Urb. Monteporreiro) -36004 Pontevedra
  • Sevilla: Avda. San Juan de la Cruz, 40 (Zona de Amate) -41006 Sevilla
  • Tenerife: R/ San Agustín, 30- La Laguna (Tenerife)
  • Valencia: R/ Casa da Misericordia, 34 -46014 Valencia
  • Vitoria: R/ Pedro de Asúa, 2 -01008 Vitoria- Gasteiz

AVISO: Consultar durante o prazo de matrícula os lugares de exame, iranse actualizando durante este tempo.

Máis información CUID.

Máis información Centro Asociado:

  • Secretaría A Coruña: 981 14 50 51, info@a-coruna.uned.es.
  • Secretaría Aula Ferrol: 981 36 40 26, info@ferrol.uned.es

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

logounedwebcuid
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es