Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Material dispoñible e ordenación do fondo

A colección documental está consituída por:

  • Un fondo multidisciplinar representativo de todas as materias que se imparten na Universidade.
  • Unha colección de referencia.
  • Un fondo local.
Os fondos bibliográficos poden consultarse nos ordenadores de acceso público na biblioteca ou en internet. Pulsa aquí para acceder a eles.

Como están ordenados os libros?

A maior parte do fondo bibliográfico está colocado seguindo unha clasificación por materias: a CDU (Clasificación Decimal Universal). A cada materia correspóndelle un número. Deste xeito, ordénanse xuntos os documentos que tratan da mesma materia. Este número utilízase para formar a signatura, impresa na etiqueta pegada no lombo do libro.

Na signatura figura:

  • O número da CDU.
  • As tres primeiras letras do apelido do autor. Empréganse para ordenar alfabeticamente os documentos que tratan da mesma materia e teñen o mesmo número de clasificación.
  • As tres primeiras letras do título, que tamén serven para manter a orde alfabética. A indicación entre corchetes "[...]" indica que o libro ten un material anexo. Solicítao no mostrador da biblioteca.
Hoxe subliñamos
AVISO: Suspéndense as titorías do xoves 10 de outubro con motivo da celebración do Acto Oficial de Apertura do curso académico 2019-2020.
Convocatorias de Bolsas do Centro Asociado+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO: El Servicio de Secretaría del Centro UNED A Coruña permanecerá cerrado en horario de tarde los días 9 a 13 de febrero. Disculpen las molestias.
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es