Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

22 de diciembre de 2016

Los días 19 y 20 de enero el aula ferrolana de la UNED, acogerá el curso  "Reforma del Código Penal: Menores".

A aula da UNED A Coruña en Ferrol, acollerá durante as tardes do 19 e 20 de xaneiro de 2017, o curso "Reforma do Código penal: Menores", actividade que se desenvolverá en dúas modalidades: online e presencial.

Transmitir formación actualizada ao redor da utilización das ferramentas necesarias para abordar o tratamento penal, por unha banda, e o tratamento asistencial dos menores, así como facilitar a adquisición de coñecementos necesarios para a compresión dunha problemática estrutural desde a profundización e desde a comprensión dos mecanismos e das pautas para seguir na abordaxe da situación dos menores de idade na sociedade actual, son algúns dos obxectivos iniciais deste curso.

O programa previsto tratará as claves da citada reforma, a protección xurídica do menor, as medidas xudiciais de protección e seguridade dos menores, así como os protocolos de actuación.

Este curso exponse como unha actividade formativa práctica, coa intención de abordar dunha maneira clara, sinxela e útil, a tutela xudicial dos menores, a súa protección xurídica, o estudo dos actos procesuais xudiciais de investigación penal tendentes á investigación da forma e das circunstancias de acaecimiento dos feitos, das persoas implicadas e do procedemento para seguir.

A responsable de impartir o curso será Ana Rodríguez Piorno, licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e dedicada á función jurisdicional, sen interrupción algunha, desde o ano 2000. Actividade dirixida por Ramón Rodríguez Montero, profesor titular da Universidade da Coruña e profesor titor na UNED A Coruña, e coordinada por Carmen de Labra Pinedo, doutora en Psicoloxía, coordinadora de Extensión Universitaria e profesora titora neste Centro Asociado.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña 

Hoxe subliñamos
Horarios provisionais+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Convocatoria pública. Vacantes de profesorado tutor interino de Master Universitario en Formación del Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de idiomas (curso 2025-26)+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es