Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Colaboracións

Accede á lista de reprodución en Youtube das colaboracións da UNED Sénior A Coruña premendo aquí

- 13/06/2020. Hoxe, derradeiro día de clase, queremos agradecer a colaboración de todas as personas con este programa e adicalo a coñecer a túa opinión

Dende a UNED SÉNIOR A Coruña queremos saber a túa opinión sobre as  clases impartidas por diferentes COLABORADORES/AS realizadas durante a alerta sanitaria polo COVID-19 e como resultou a experiencia de seguilas a través de diferentes vías telemáticas. Por iso, pedímosche que respondas a este breve cuestionario:

As respostas son anónimas e nos axudarán a saber a túa opinión. Os datos recollidos teñen a finalidade de axudarnos a mellorar o servizo de cara o seguinte curso. 

Se non es alumno/a do programa pero tes seguido as clases online, tamén queremos coñecer a túa opinión.

Lembra responder tambén ó cuestionario de satisfación xeral. Se non respondiches aínda podes facelo premendo no seguinte enlace:

Moitas grazas a Rodrigo Cabelleira, Ramón Loureiro, Martiño Maseda, Yolanda e Inma Purriños, Carmen Vercher, Francisca Rodríguez Cabanas y Antón Tenreiro, así como a todo el alumnado, pola vosa colaboración e participación nas clases online durante esta alerta sanitaria, dando continuidade ao programa da UNED SÉNIOR A CORUÑA. 

Bo verán e moita saúde. 
Lembadre que pronto abrirase a matrícula para o vindeiro curso 2020/2021 e agardamos contar con vós nesta nova etapa. 
¡Vémonos no curso 2020/2021!

Vídeo-clases curso 2019/2020:

- 06/06/2020. Rodrigo Cabelleira Barro, Enxeñeiro Eléctrico e gandeiro. Manipulación de alimentos. O leite: dende a vaca á neveira

- 04/06/2020. Ramón Loureiro, xornalista e escritor. 

-22/05/2020. Ramón Loureiro, xornalista e escritor. A memoria dos mortos no máis fondo da alma galega.  

16/05/2020: Especial Día das Letras Galegas

- 09/05/2020. Martiño Maseda, escritor e Administrador de Culturalia GZ. Clase especial literaria para a UNED Sénior da Coruña.  

- 24/04/2020. Yolanda e Inma Purriños. Fotógrafas. Foto Purriños (Vilalba, Lugo). Curso básico de fotografía co móbil.

- 24/04/2020. Carmen Vercher. Perito judicial calígrafo. A escritura manuscrita. Aprendizaxe, madurez, deterioración

- 23/04/2020: Especial Día do Libro na Casa

Este 23 de abril queremos facer unha homenaxe a dúas autoras máis un autor moi especiais para l UNED Senior A Coruña: Francisca Rodríguez Cabanas, Marica Campo e Ramón Loureiro.

- 18/04/2020. Rodrigo Cabelleira Barro. Enxeñeiro  Eléctrico. Clase práctica sobre consumo eléctrico e cálculo do consumo nas facturas.

- 17/04/2020.  Antón Tenreiro. Presidente da Asociación Socio-Cultural Lareira de Soños dos Vilares (Guitiriz). Protección do Patrimonio ruralFonte: Os Vilares.  

AVISO:

Estes vídeos son elaborados por profesionais de diferentes ámbitos, de forma independente e desinteresada, para colaborar coa dinamización cultural e formación do alumnado Sénior da Coruña. As opinións que se poidan expresar son persoais de cada autor, alleas ao Centro Asociado á UNED da Coruña.  

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es