Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Cursos virtuais

Que é un curso virtual?

Cada unha das materias das que estás matriculado ten o seu curso virtual, é dicir, un espazo en internet que integra un conxunto de servizos docentes. Estes servizos préstanse mediante a plataforma aLF nos títulos de grao e posgrao, e mediante un software chamado WebCT no CAD e os plans de estudos en extinción (diplomaturas, licenciaturas, enxeñarías).

Este conxunto de servizos docentes abrangue dende ferramentas para favorecer a comunicación fluída entre equipos docentes, titores e estudantes, ata actividades de apoio á aprendizaxe, pasando por contidos e recursos para o estudo.

Como se accede ao curso virtual?

O acceso aos cursos virtuais realízase dende o portal da UNED (www.uned.es), entrando en Campus UNED. Para acceder, é necesario dispoñer de identificador (login) e contrasinal (password) que son os mesmos que os datos de configuración da conta de correo electrónico UNED proporcionada no momento da túa matriculación.

Os estudantes do Curso de Acceso, plans antigos (diplomaturas, licenciaturas e enxeñarías) e CUID deben acceder á plataforma Webct. Consulta aquí a guía de WebCT.

Os estudantes de Grados deben acceder a través da plataforma aLF. Consulta aquí a guía de aLF.

Que podo encontrar nun curso virtual?

Os cursos virtuais contan, basicamente cos seguintes contidos (aínda que debes recordar que cada equipo docente determina os recursos e distribución de contidos dos seus cursos virtuais):

  • Información actualizada e detallada sobre a materia.
  • Material didáctico para estudar, complementario ao libro de texto. É dicir, aínda que o alumno debe seguir estudando polo libro de texto, material sobre o que se examinará, pode dispoñer de forma gratuíta e voluntaria doutros contidos (vídeos, animacións, esquemas, orientacións, comentarios de texto...) a través do seu curso virtual.
  • Glosario de termos.
  • Exames de convocatorias anteriores, traballos, probas de autoavaliación.
  • Comunicación. Dentro dos cursos virtuais o estudante posúe unha canle de comunicación tanto co equipo docente coma co seu titor a calquera hora do día. O alumno dispón de diversas ferramentas de comunicación (correo electrónico, chat, foros de discusión) mediante as que pode formular as súas dúbidas, ler as doutros compañeiros, consultar as respostas facilitadas polo equipo docente ou o titor, debater sobre aspectos de interese para a materia... Os foros tamén son unha boa vía para coñecer outros alumnos cos que compartes materias, para poder compartir recursos, formar grupos virtuais de estudo, animarvos mutuamente, etc.

Accede dende o primeiro momento

É importante que accedas ao teu curso virtual o antes posible. Así poderás facerche unha idea cabal dos seus contidos e sacarlle o máximo rendemento á hora de planificar o teu estudo.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es