No Centro Asociado UNED-A Coruña existen varios Xestores Tecnolóxicos e un Coordinador Tecnolóxico. Dito Coordinador encárgase de resolver incidencias nos diferentes equipos e redes de comunicación do Centro Asociado complementando así as tarefas de asistencia e atención a titores e alumnos que realizan os Xestores Tecnolóxicos.
Ante calquer incidencia relacionada co uso das ferramentas telemáticas da UNED non dubides en contactar cos Xestores Tecnolóxicos. En caso de que a incidencia esté relacionada con problemas de hardware ou redes eles contactarán co Coordinador Tecnolóxico e en caso necesario éste pasará notificación para que se analice e resolva a mesma.
Tanto se es alumno do Centro como se es titor, tamén poes contactar cos Xestores Tecnolóxicos para plantexarlles as dúbidas que xurdan sobre o emprego dos cursos virtuais ou, no caso dos titores, das videoconferencias ou webconferencias.
Asemade o Centro conta cun Coordinador Tecnolóxico. Na actualidade esta tarefa ven desempeñada polo titor Francisco Pais Suárez. Ante calquer dúbida tamén podes contactar con él.
Xestores Tecnolóxicos (A Coruña): Manuel Serantes, Carlos Barreiro e Iberio Barral (no Servizo de Librería/ Reprografía).
Email: centro@a-coruna.uned.es
Xestoras Tecnolóxicas (Ferrol): Mónica Pita,Belén Cruz (no servizo de Secretaría).
Email: info@ferrol.uned.es
Coordinador Tecnolóxico: Francisco Pais Suárez
Email: frapais@a-coruna.uned.es
Preme aquí para acceder á Guía de aproveitamento dos cursos virtuais.