Mapa web
Youtube
Instagram
Linkedin
Campus UNED

Rede wifi nos Centros Asociados

Redes disponibles. Características y accesos

As redes accesibles desde o Centro Asociado, as súas características e formas de acceso son as seguintes:

Eduroam

É a rede que por defecto debe utilizar calquera persoa que necesite conectarse á rede inalámbrica da UNED.

Os usuarios deben autenticarse para ter acceso a esta rede inalámbrica, utilizando para iso os datos de usuario / contraseña do Campus UNED. Unha vez configurado o acceso, esta rede permite a movilidade entre todos os edificios e centros asociados que estean dentro do área de cobertura, así como entre institucións afiliadas a eduroam, sen necesidade de ter que realizar configuracións adicionais cando se cambie de centro ou de campus.

Se o usuario dispón dun identificador de Campus UNED, é moi importante que realice a conexión á rede wifi utilizando a rede eduroam, pois é esta a que lle vai a permitir conectarse en calquera outro centro asociado, na sede central da UNED, ou nalgún dos máis de 200 centros de investigación nacionais ou estranxeiros asociados ao proxecto Eduroam.

Na web do campus inalámbrico atópase información máis detallada desta rede, así como guías de configuración para diversos sistemas operativos.

UNED-Centro Asociado

Esta rede permite ao Centro Asociado dar acceso wifi a aquelas persoas que non dispoñan dun identificador de Campus UNED, e que precisen acceso a Internet.

Para o acceso a esta rede, o usuario deberá coñecer previamente a clave de acceso á mesma. Esta clave, que cambia periódicamente, é facilitada nos servizos de Reprografía, Librería e Secretaría do Centro UNED-A Coruña.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es