Material dispoñible e ordenación do fondo
A colección documental está consituída por:
- Un fondo multidisciplinar representativo de todas as materias que se imparten na Universidade.
- Unha colección de referencia.
- Un fondo local.
Os fondos bibliográficos poden consultarse nos ordenadores de acceso público na biblioteca ou en internet. Pulsa
aquí para acceder a eles.
Como están ordenados os libros?
A maior parte do fondo bibliográfico está colocado seguindo unha clasificación por materias: a CDU (Clasificación Decimal Universal). A cada materia correspóndelle un número. Deste xeito, ordénanse xuntos os documentos que tratan da mesma materia. Este número utilízase para formar a signatura, impresa na etiqueta pegada no lombo do libro.
Na signatura figura:
- O número da CDU.
- As tres primeiras letras do apelido do autor. Empréganse para ordenar alfabeticamente os documentos que tratan da mesma materia e teñen o mesmo número de clasificación.
- As tres primeiras letras do título, que tamén serven para manter a orde alfabética. A indicación entre corchetes "[...]" indica que o libro ten un material anexo. Solicítao no mostrador da biblioteca.