Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Informes e xeneralidades

Informe UNED Senior Rianxo

Que é o programa UNED Sénior?

Trátase dun programa formativo dirixido a persoas de máis de 55 anos que inclúe temas de actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.

Obxectivos

  • Ofrecer formación en temáticas que interesan ás persoas de máis de 55 anos, co fin de mellorar a súa calidade de vida.
  • Proporcionar coñecementos, aprendizaxes e estratexias para o desenvolvemento integral e a autonomía persoal.
  • Favorecer a comunicación a través das relacións interpersoais e do encontro interxeracional.
  • Proporcionar todos aqueles elementos necesarios para un mellor coñecemento do ámbito cultural.

Que che pode aportar?

  • Un espazo universitario propio.
  • Un lugar de encontro onde intercambiar coñecementos e experiencias.
  • Un itinerario flexible, adaptado ás necesidades de cada estudante.
  • Unha orientación personalizada.
  • Formación próxima ao seu lugar de residencia.
  • Acceso ás tecnoloxías da información e comunicación.

Quen pode participar?

A UNED Sénior diríxese ás persoas maiores de 55 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer os seus coñecementos.

Accede aquí á páxina web da sede central da UNED sobre o programa UNED Sénior.

Horarios provisionais+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
Día del Libro 2024. Buscamos tus recomendaciones. ¡¡Participa!!+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es