Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Particularidades da UNED Sénior de A Coruña

O programa UNED Sénior non se desenvolve nin no Centro Asociado da Coruña nin na Aula Universitaria de Ferrol. A súa característica máis peculiar é que, a diferenza do que acontece cos programas Sénior doutras Universidades ou doutros Centros Asociados da UNED, se pretendeu achegar este programa universitario aos maiores do ámbito rural.

Actualmente o ámbito de influencia da UNED Sénior do Centro Asociado da Coruña abarca os municipios de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero, Paderne, Xermade e Rianxo, municipio que se incorporou no curso 2013-2014. Asemade a partir do curso 2015-16 contamos tamén coa participación do Concello de Lousame.

Se queres coñecer máis a fondo a filosofía deste programa e as accións desenvolvidas, podes acceder aos seguintes recursos:

O programa UNED Sénior do Centro Asociado UNED-A Coruña conta con financiación procedente da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es