Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Practicas profesionais

Dentro das materias que tutela o Centro Asociado UNED-A Coruña encóntranse algunhas que son de carácter práctico e que reciben o nome de "prácticas externas" ou "prácticas profesionais".

Preme aquí para coñecer o listado de titulacións con prácticas externas ou profesionaos curriculares.

Para coordinar a realización destas prácticas, dende o Centro Asociado UNED-A Coruña publícanse as seguintes instrucións para a realización destas de forma presencial:

1. O estudante ten que poñerse en contacto co profesor titor do Centro Asociado da Coruña para que lle oriente que tipo de institución sería a máis axeitada para a realización das prácticas.

2. O estudante, seguindo as indicacións do profesor titor do Centro, selecciona a institución na que quere realizar as prácticas entre aquelas que subscribiron convenio para tal fin co Centro Asociado UNED-A Coruña.

No caso das materias Prácticum I e Prácticum II do coñecido como "Máster de Secundaria" só poderán realizarse as prácticas nos centros e con aqueles profesores colaboradores debidamente acreditados segundo o procedemento establecido para tal fin pola Consellería de Educación de la Xunta de Galicia.

3. No suposto de que o estudante (salvo o mencionado caso do Máster de Secundaria) desexase realizar as prácticas en calquera outra institución que non estea na relación de convenios do Centro Asociado UNED-A Coruña, e sempre que a entidade conte co visto e prace do profesor titor do Centro (e, no seu caso, coas indicacións de sede central), ten que solicitar que se inicien os trámites para a firma do convenio ao seu propio titor de prácticas.

4. Unha vez seleccionado o Centro co visto e prace do profesor titor e acordado co centro o período de realización das prácticas, o alumno debe cumprir a documentación necesaria (credencial ou anexos, segundo o caso) e pasala, se se requirise, á firma, autorización ou revisión que corresponda. O alumno non deberá acudir ao centro de prácticas sen contacto previo co titor do Centro Asociado e sen a documentación acreditativa. O Centro Asociado UNED-A Coruña non autoriza a realización das prácticas anteriormente a que o estudante reciba a documentación necesaria para estas e non se fai responsable de ningunha eventualidade que poida acontecer nese suposto.

Se és alumno/a do Master de Acceso á Abogacía, para xestionar ás túas prácticas dirixe un correo-e á Secretaria Xeral do Centro ananovo@a-coruna.uned.es

Se eres profesional colaborador, coñece os tus beneficios, premendo aquí e aquí.

IMPORTANTE: Se vas facer prácticas curriculares ou extracurriculares nun Centro que atienda a menores, debes cumplimentar este requisito. Preme aquí para coñecer o contido da nota sobre certificación negativa de delitos sexuais. 

Horarios provisionais+info
AVISO. En atención al calendario del curso 23-24 el Centro UNED A Coruña y el Aula UNED Ferrol permanecerán cerrados del 25 de marzo al 1 de abril incluidos, con motivo de la celebración de la Semana Santa.Disculpen las molestias.
II CONGRESO DE CONTRATACION PUBLICA. DIPUTACION DE A CORUÑA+info
Buscamos galegofalantes. +info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es