Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Preguntas máis frecuentes

1- Que horarios de apertura/peche ten a Biblioteca?

 A biblioteca abre de luns a venres, de 10 a 14h e de 16 a 20:30 h.

A sala de lectura abre de luns a xoves de 9:30 a 20:50 h e o venres de 9:30 a 20:30 h. 

Durante o verán, tanto a biblioteca como a sala de lectura, abren só pola mañá.

2- Que requisitos se esixen para obter o carné da Biblioteca?

Estar matriculado na UNED no curso vixente e dispor do carné de alumno da UNED (obtense na secretaría do Centro). Non é necesario darse de alta na biblioteca. O carné é válido durante un curso académico.

3- Como sei se hai un documento na Biblioteca?

É precise que busques o documento no buscador da biblioteca e así saberás se dispomos deste documento no fondo da biblioteca, que condicións de préstamo ten (15 días, unha semana, consulta en sala), até cando está prestado e a signatura topográfica para localizalo na estantería.

4- Cantos libros podo sacar en préstamo e durante canto tempo?

En xeral, préstanse cinco libros durante 15 días, que se poden renovar outros 15 días a través da web ou por teléfono. Os documentos audiovisuais préstanse unha semana e non se poden renovar.

5- Que podo facer cando un libro que preciso está prestado e fóra de prazo?

O persoal da biblioteca encárgase de reclamar os libros que están fóra de prazo, mais sempre podes comentarnos (no mostrador, por teléfono, a través do correo electrónico) calquer incidencia que detectes para que poidamos axilizar o proceso.

6- Pódense reservar libros?

 

As reservas realízaas o alumnado a través do buscador da biblioteca na web, seleccionando solicitud en la pestana opciones.

As reservas poden ser de libros prestados ou de libros dispoñibles para préstamo na estantería.

Cando o libro estea dispoñible, porémonos en contacto contigo a través do correo electrónico da UNED e terás un prazo de dous días para vir a recolllelo.

7- Intentei renovar un libro e o sistema informático non me deixou, que pasou?

Pode ser por diferentes motivos:

- Non estás matriculado no curso vixente.

- Devolviches documentos con retraso e tes unha sanción que non te permite, momentaneamente, retirar libros ou facer renovacións.

- O libro está reservado para outra persoa usuaria.

- Superaches o número de renovacións (máximo unha a través da web).

8- Existe conexión wi-fi?

En todo o Centro existe unha conexión wi-fi, solicita o contrasinal no mostrador da biblioteca.

9- Necesito un libro que non está na Biblioteca, que podo facer?

Podes solicitarnos un libro que estea noutra biblioteca da UNED. Tes que ter en conta que as condicións de préstamo dependen doutra biblioteca e que non se prestan libros que sexan bibliografía básica dalgunha asignatura ou cun prazo de préstamo de unha semana.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es