Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Hai pouquiña xente que poida vivir unicamente de pintar"

5 de julio de 2013

Marcos Real Rivas, pintor, debuxante e fotógrafo. Colaborador no centro Asociado UNED A Coruña.

Marcos Real Rivas, coruñés de nacemento e dende hai uns anos colaborador ocasional no Centro Asociado UNED da Coruña.

Nun primeiro momento prestou servizos nun dos nosos departamentos, pero coñecida a súa dilatada faceta artística polo equipo directivo, empeza a participar en aspectos máis creativos. No ano 2011 expuxo unha serie de debuxos e a finais do mesmo ano participou como membro do xurado no primeiro certame de fotografía que se celebrou no centro asociado.

Real ten formación base na Escola de Artes e oficios Pablo Picasso da Coruña, non obstante defínese como un incansable autodidacta.

Ao redor de 90 exposicións individuais e colectivas, principalmente na cidade, acreditan a súa solvencia e afianzan a súa carreira como artista.

Actualmente presenta os seus cadros en varias exposicións. Na Casa da Cultura de Fene e en Etimoe Gallery, na coruña.

P.- Descríbeste como un artista autodidacta por riba de todo pero, como definirías o teu estilo?. Vincúlasche directamente algún movemento artístico?.

R.- "Lo definiría como libre xa que segundo o meu estado de animo podo ser máis expresivo en canto a representar as miñas emocións. Gústame sempre probar cousas diferentes, para non caer na monotonía tanto para min coma para quen ve as miñas obras. No meu caso é unha mestura de sensacións."

P.- Traballas distintas técnicas; pintura, debuxo, fotografía..., buscas o mesmo nas túas obras con independencia da técnica que utilices en cada momento?.

R.- "Sí, xa que son distintas ferramentas para expresar un todo, sendo ese todo completo cando a xente individualmente o transforma no seu propio mundo."

P.- A incursión da crise económica en nosas nas nosas vidas, abriu as portas a moitas situacións novas e inesperadas en distintos sectores. Sufríchela ou sofres na túa actividade diaria como artista?.¿Has notado un descenso de interese no público nos últimos anos?.

R.- "Intentas economizar máis os materiais e formatos cos que traballas, á parte de ser caros véndese menos. Ademais a arte é algo que entra polos ollos, os sentimentos, gusta ou non gusta independente do autor, é un capricho, un gasto a maiores. O interese do público segue habéndoo só que non invisten tanto."

P.- Seguindo coa pregunta anterior. Nos tempos tan complicados que vivimos pensas que hoxe en día é doado vivir da arte?, dito doutro modo, é necesario para un artista buscarse unha primeira actividade como modo de vida?.

R.- "Hay moi poquita xente que poida vivir unicamente de pintar, a gran maioría ten moitas máis actividades xa teñan relación ou non coa arte. Ademais é unha loita constante por ofrecer cousas diferentes e non caer na monotonía, intentando ampliar o teu público."

P. Hai xa uns anos da túa relación co centro asociado, coñecíalo con anterioridade?. Cóntanos que descubriches que non sabías desta universidade e o seu especial e recoñecido sistema de ensino.

R.- "Sí, xa fai uns cantos anos que coñecía a UNED, paréceme unha boa alternativa para a xente que por diferentes motivos non pode asistir a clases nunha carreira, déaselle a oportunidade de facer o que sempre quixo sen ter que renunciar ao seu traballo ou calquera outra actividade. Danche todo tipo de oportunidades e ademais tense un contacto máis próximo co profesorado grazas ás súas titorías.

Tamén me gusta que haxa todo tipo de seminarios, conferencias, abertos para todo o público, que che serven para unha maior formación individual."

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

amywinehouse2puestosenventaentiendajaspe2210
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es