Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"A xustiza non é gratuíta porque se financia con tributos de todos os cidadáns"

16 de julio de 2013

Miguel Lorenzo, concelleiro de Servizos Sociais do Concello da Coruña participou no curso de verán celebrado da UNED A Coruña, Existe un dereito fundamental á xustiza gratuíta? ".

Miguel Lorenzo Torres participou no curso de verán organizado polo centro asociado da UNED na Coruña, " Existe un dereito fundamental á xustiza gratuíta? " que se celebrou no centro penitenciario de Teixeiro.

Avogado en exercicio dende o ano 1986 e especializado en Dereito Civil e Mercantil é membro da xunta de goberno do Colexio de Avogados da Coruña igualmente é membro do consello reitor da Escola de Práctica Xurídica da Coruña.

Desempeño funcións docentes de profesor asociado na Escola Universitaria de Relacións Laborais dende o ano 1988, e na Escola de Turismo da Coruña durante os cursos 91/92 a 94/95 (ambos os dous inclusive). Docente tamén na Escola de Práctica Xurídica do. Colexio de Avogados da Coruña, na Área de Dereito Civil, dende o ano 1994 a 2008.

Lorenzo é concelleiro no Concello da Coruña dende o ano 2007 e actualmente é o responsable da área de Servizos Sociais no Goberno Municipal dende 2011.

P.- Sr. Lorenzo, facendo alusión directa ao título do relatorio que impartiu o xoves no centro penitenciario de Teixeiro, existe un dereito á xustiza gratuíta?.

R.- Si. Como expliquei na conferencia, é un dereito constitucional recollido nos arts. 24 e 119 da Constitución Española, desenvolvido pola normativa vixente en materia de xustiza gratuíta.

P.- Esta pregunta é manida e recorrente, pero nun curso como o que nos ocupa, é obrigada: ata que punto é gratuíta a xustiza?.

R.- "A xustiza non é gratuíta, porque se financia cos tributos de todos os cidadáns. Distinto é que todas as persoas que acrediten ter insuficientes recursos económicos teñan recoñecido este dereito e polo tanto poidan litigar sen custo para eles, asumindo a Administración o custo de todos os gastos de procedemento e defensa e representación procesual."

P.- Na súa opinión e sen saírnos da gratuidade, Hai colectivos excesivamente protexidos?, por dicilo de xeito entendible para todos.

R.- "Non hai colectivos especialmente protexidos, senón que hai colectivos que polas súas circunstancias económicas e/ou persoais non poden custearse un procedemento, pero que non se lles debe impedir por iso a defensa dos seus intereses e se lles recoñece, como xa dixen, o dereito a un avogado e un procurador de oficio gratuíto para a defensa dos seus intereses. Non obstante, hai un sector da poboación, a chamada "clase media", que ten que asumir integramente os custos dun procedemento (gastos de avogado, procurador, perito, taxas xudiciais...) e que ás veces pola súa economía non pode asumilos pero tampouco ten acceso á xustiza gratuíta, co que penso que en certo xeito se encontran moi desprotexidos na defensa dos seus intereses."

P.- Sr. Lorenzo, é Ud. concelleiro de Servizos Sociais no Concello da Coruña dende o ano 2011. Nos últimos tempos vivimos tempos convulsos e no terreo do seu traballo verao e vivirá con máis intensidade. Que áreas pensa que son as máis deficitarias de tutela xudicial?, dito doutra forma cales son os ámbitos onde a xustiza debería incidir máis?.

R.- "Creo que a Xustiza é un piar fundamental do Estado de dereito e necesita máis medios, ser máis rápida e para iso necesítanse maiores partidas presupostarias, aumentar xulgados, equipos e apostar polas novas tecnoloxías."

P.- Para finalizar, é vostede optimista co actual sistema xudicial?.

R.- "Non é cuestión de optimismo ou pesimismo, creo que todo é mellorable, pero toda modificación debe ir presidida polo principio de mellorar e simplificar a atención aos cidadáns, e sobre todo, salvagardando todas as garantías legais, procurar unha maior celeridade á Xustiza. Os procedementos e as instrucións non poden durar o tempo que están a durar actualmente, e non se poden ter a persoas procesadas durante anos para que finalmente resulten inocentes."

Para calquera cuestión relativa a esta noticia enviar un correo electrónico a comunicacion@a-coruna.uned.es

aforoteixeiro
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es