Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

A UNED Sénior como dinamizadora do rural

23 de enero de 2014

Ampliado o prazo de votación dos Premios Afiprodel ata o 15 de febreiro.

O público terá un gran protagonismo na elección sos proxectos presentados na I Edición dos Premios Afiprodel Galicia, Asociación Finisterrae de profesionais do desenvolvemento local de Galicia. A UNED Sénior da Coruña participa co novidoso proxecto cultural dinamizador do rural.

Esta Asociación promove estes premios co obxectivo de difundir e dar a coñecer, os traballos de desenvolvemento humano local nos municipios galegos con menos de 20.000 habitantes e que participase como colaborador, un profesional de desenvolvemento local.

É un premio ás boas prácticas de proxectos modestos pero inspiradores, que sirvan de motor para distintos colectivos, ben polo seu impacto positivo, pola implicación da cidadanía, por colaboracións ou alianzas, polo novidoso do proxecto, etc... En definita, unha posta en valor do territorio e as súas xentes coa mellora demostrada da experiencia durante o proceso ou grazas a el.

As votacións están abertas a calquera persoa ata o 15 de febreiro e será gañador o proxecto máis votado. Pola UNED Sénior da Coruña como dinamizadora do rural!.

Coñece o Proxecto UNED Sénior do Rural

Pulsa aquí para votar

Blog da UNED Sénior da Coruña

p1000358web
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es