Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Encerro e saúdo mental

2 de junio de 2014

Foro multidisciplinar para a reflexión. Do 2 ao 4 de xullo no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Encerro e saúde mental; tema de rabiosa actualidade. Un dos principais motivos é o actual proxecto de Lei de modificación do Código Penal que dende o Ministerio de Xustiza, insta a un encerro preventivo aplicable a persoas afectadas con determinadas patoloxías. Asociacións e Agrupacións destes colectivos, familiares e especialistas sanitarios na materia, son os principais opositores a que esta medida se aprobe. Medida que de levarse a cabo, supón enfrontar a seguridade preventiva, fronte á inserción.

O debate está na rúa.

Este curso pretenderser un foro de reflexión multidisciplicar onde se afonde sobre estas e outras cuestións relativas á saúde mental e o encerro en prisión. Especialistas e expertos no tema; catedráticos, médicos en Centros Penitenciarios, xuristas, psicólogos, etc... serán os encargados de poñer voz a esta actividade.

Título do Curso

Miradas sobre o encerro: saúde e enfermidade mental en prisión.

Resumo

A atención á enfermidade mental en prisión é un dos retos máis importantes aos que se enfronta o sistema penitenciario español na actualidade. Os coidados, a organización da convivencia, os efectos do encarceramento, os dereitos, a cultura e a execución penal son dimensións implicadas nunha complexa situación que demanda dunha intervención multidisciplinar e inmediata. Este curso formúlase como un espazo de reflexión sobre a situación, onde as miradas da antropoloxía, a medicina, a socioloxía, a psicoloxía, o dereito e o traballo social intentarán achegar un pouco de luz dende unha perspectiva aplicada.

Obxectivos

O obxectivo do curso é formular unha reflexión sobre a situación das persoas privadas de liberdade en prisión que teñen algunha enfermidade ou minusvalidez mental. Esta reflexión realizarase dende disciplinas como a Medicina, o Dereito, o Traballo Social, a Psicoloxía, a Antropoloxía e a Socioloxía. A idea é trasladar unha mirada diversa que permita coñecer aos asistentes a forma en que a intervención penitenciaria aborda o reto nunha situación social moi difícil.

Data

  • Do 2 ao 4 de xullo de 2014.

Lugar de celebración

Modalidade

  • Presencial.

Concesión de Creditos

  • 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

Horas

  • 20 horas lectivas.

Programa

Mércores 2 de xullo

  • 09:30-11:30 horas. Saúde mental e cultura. Marcial Gondar Portasany. Catedrático do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social. Universidade de Santiago de Compostela.
  • 11:30-13:30 horas. Saúde mental en prisión, perspectiva dende Galicia e Teixeiro. José Antonio Martín Peláez. Subdirector Médico no Centro Penitenciario de Teixeiro. Carmen Suárez Mujico. Directora de Programas no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Xoves 3 de xullo

  • 09:30-11:30 horas. A perspectiva médico forense da saúde mental e o delito. María Berta Rodríguez Martínez. Médico Forense. Xefe de Sección de clínica na Subdirección territorial da Coruña (Instituto de Medicina legal de Galicia).
  • 11:30-13:30 horas. A representación dos trastornos psicolóxicos no cine carcerario. Vicente Pérez Fernández. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Psicoloxía Básica. UNED.
  • 16:00-18:00 horas. Sobre o mito do enfermo mental violento ou criminal. Jorge Sobral Fernández. Catedrático do Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía. Universidade de Santiago de Compostela.
  • 18:00-20:00 horas. A intervención multiprofesional en saúde mental no CP de Teixeiro. (Mesa redonda). María del Carmen Pérez Gómez. Psicóloga do C.P. de Teixeiro. Nuria Gimón Alonso. Traballadora Social do C.P. de Teixeiro. Alberto Cachafeiro Sánchez. Enfermeiro do C.P. de Teixeiro. Xullo César Barrios González. Educador do C.P. de Teixeiro.

Venres 4 de xullo

  • 09:30-11:30 horas. Relación xurídico penitenciaria, enfermidade mental e minusvalidez intelectual. Manuel Roca Poveda. Subdirector de Tratamento no Centro Penitenciario de Segovia. Profesor-Titor de Dereito Penal na UNED, Centro Asociado de Segovia.
  • 11:30-13:30 horas. Os usos sociais do tempo en prisión: castigo, resistencia e saúde mental. Antonio Viedma Rojas. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Socioloxía I. UNED.

Máis información do curso aquí.

Todos os cursos de verán que celebran o Centro Asociado UNED-A Coruña aquí.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es