Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

40 anos UNED

2 de junio de 2014

Exposición activa ata o 15 de xullo.

40 anos UNED; 40 anos de historia, innovación, evolución e educación superior

Dende que naceu, en 1972, xa tiña vocación social. Transformadora na orixinal concepción da Educación Superior a distancia, a UNED facilitou e facilita o acceso ao ensino universitario a través dos seus programas oficiais e de formación continua e permanente. Chegou onde ningunha outra institución chegara antes e quedouse para configurar un novo espazo educativo que anos máis tarde, sería imitado por outras moitas Universidades españolas. Este espírito emprendedor e loitador, evolucionou e transformouse ata chegar á súa actual filosofía: calidade no ensino, innovación no método, formación competitiva, sen esquecer a súa concepción inicial; labor social enfocado principalmente, ao acceso de cada vez máis colectivos á educación superior.

A exposición pretende dar a concocer esta evolución a través dos seus protagonistas. A metodoloxía do ensino e aprendizaxe serve de fío argumental durante as tres etapas nas que se divide o traballo documental. A mostra foi o resultado do esforzo do Arquivo Xeral da UNED, con material procedente do propio patrimonio documental.

Visitar esta exposición é unha oportunidade para coñecer mellor a realidade da UNED, así como a dos Centros Asociados dentro da súa expansión nacional e internacional; entidades esenciais na arquitectura educativa da UNED, así como da súa proximidade ao alumno.

Lugar: Vestíbulo do Centro Asociado UNED-A Coruña, rúa Pepín Rivero, 3, 15011 A Coruña.

Data: mostra activa ata o 15 de xullo.

Descarga o catálogo da exposición.

Accede ao vídeo da inaguración en sede central, Madrid.

Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es