Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

O teu titor/a te espera

23 de octubre de 2014

Coñece as vantaxes de asistir ás titorías no Centro Asociado.

Dámosche 10 motivos para asistir a titoría neste Centro Asociado:

1.- Coñecerás directamente o teu titor ou titora, que che axudará a resolver todas as dúbidas que teñas sobre a materia, temario, plan de estudos, etc.

2.- Coñecerás compañeiros coas túas mesmas inquietudes. É habitual crear foros de estudo en materias, mesmo nunha carreira. Fundamental como elemento de apoio no teu percorrido académico.

3.- O trato persoal, elimina moitas barreiras de comunicación. A interacción titorial, fomenta, en moitos casos, a participación activa do alumno e, polo tanto unha maior interacción e debate do tema de estudo. Facilita o feedback.

4.- Nas titorías, engádense comentarios do titor que no espazo virtual, é máis difícil que acompañen a textos ou publicacións.

5.- É un servizo esencial se prefires un trato directo e máis persoal.

6.- É un complemento ao servizo virtual que esta Universidade che ofrece como alumo matriculado.

7.- Ponte en contacto directo cos demais Servicios do Centro Asociado.

8.- Facilítache o seguimento do programa de cada materia, conforme ao calendario previsto.

9.- Dáche a oportunidade de ter un papel máis activo, formulando suxestións, ideas, alternativas, etc.

10.- É un bo soporte de cara ás probas presenciais, tanto se es novo ou non nesta Universidade.

Coñece as modalidades de titorías que imparte o Centro Asociado.

Consulta os horarios de titorías.

Accede ao listado de correos electrónicos de los tutores/as.

Máis información: info@a-coruna.uned.es, info@ferrol.uned.es.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es