Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

José Antonio Vázquez Taín, foi o encargado de pronunciar a Lección Inaugural durante o Acto Oficial de Apertura de Curso que se celebrou no Centro Asociado

20 de octubre de 2014

Foi o pasado venres 17 de outubro ás 18:30 horas no salón de actos da sede da Coruña. O vicereitor de Investigación da UNED trasladouse ata a cidade para tal ocasión. Presidiu a xornada e estivo acompañado por membros do Padroado encabezados polo seu presidente, Xosé Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades, Mariel Padín, vicepresidenta primeira da Deputación da Coruña, Francisco Mourelo, concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude do Concello da Coruña, a directora do Centro Asociado Susana Blanco Miguélez e a secretaria, Ana Mónica Novo.

A secretaria do Centro estreou quenda de intervencións cun resumo da Memoria anual do curso pasado, 2013/2014, seguida polo responsable de pronunciar a Lección Inaugural que foi, nesta ocasión, o maxistrado xuíz José Antonio Vázquez Taín. O lector captou a atención dos presentes no que se converteu nunha auténtica lección maxistral.

O labor social desta Universidade, así como a calidade no ensino, o exemplo de modelo educativo e a nova oferta académica, foron os eixes centrais nas intervencións dos patróns.

Unha vez entregados todos os diplomas aos egresados do curso pasado presentes no salón, o vicereitor de Investigación declarou inaugurado oficialmente o curso académico, pechando o acto as voces corais a ritmo de Gaudeamus Igitur.

inauguracioncursouned20142015aperturacursounedimagengrupoinauguracioncursouned
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es