Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

María Dolores Martín e Enrique García Fernández-Abascal, abordaron a segunda xornada deste curso de verán

30 de junio de 2015

Emocións positivas e o seu efecto na saúde. Alimentando as emocións positivas.

Durante o ecuador do Curso de Verán "Emocións positivas", María Dolores Martín Díaz centrou a atención nos efectos da saúde física en relación coas emocións. Profesora titular de Psicoloxía na UNED, María Dolores Martín, durante a súa presentación, puxo o acento na necesidade de activar o noso afecto positivo e mellorar a calidade de vida, evitando así enfermidades e mellorando o sistema inmunolóxico.

Comezou falando da bidireccionalidad das repostas afectivas en relación coa enfermidade. "Se ben é certo que as emocións negativas son factores de risco, tanto na súa relación directa como a presenza antes do comezo da enfermidade, é igual de certo que estas emocións teñen unha misión adaptativa; protexen, é por isto que se necesitan", afirmaba.

Non obstante, a activación das emocións positivas, fai o ser humano máis forte ás adversidades. Proporciona recursos intelectuais e físicos.

Como na xornada anterior, Martín quixo facer fincapé na realidade acerca dos numerosos estudos ao longo do tempo das emocións negativas, e da recente e breve variedade de estudos das emocións positivas. Como os seus colegas, referiu un motivo esencial: a necesidade de abordar a enfermidade, a patoloxía. É certo que a urxencia e prioridade ante un problema de saúde, motiva unha resposta, neste caso de estudo, de conociento, fronte ás emocións positivas. Non obstante, e a vista do impacto destas últimas a saúde, xa emerxen estudos científicos e especialistas na área.

A isto non axuda que durante o proceso de estudo no laboratorio, é moito máis doado dedicarse ao traballo de investigación, ás emocións negativas que ás positivas. As primeiras coñécense e expresan mellor.

Durante o relatorio, fíxose especial referencia nas enfermidades coronarias.

María Dolores comentou o proceso natural de activación fisiolóxica que todas as emocións, mesmo nun estado de relaxación. O certo é que non podemos fuxir desta relación.

Insistía a relatora na evidencia do aumento da función inmune nas persoas felices. Isto, e como exemplo, acontece nos estudantes e o período de exames; a súa relación provoca, en moitos casos, que se contraian enfermidades con máis facilidade, principalmente de carácter infeccioso. No sistema endócrino o protagonismo téñeno os niveis de cortisol.

As emocións positivas e a súa activación favorecen o aumento do foco de atención e promoven o estilo de vida afectivo. Tense máis forza de vontade e autocontrol. De igual xeito estas persoas poderían ter unha propensión conductual, mesmo en ausencia de humor positivo, que axuden a resolver problemas con máis facilidade. Máis e mellores ferramentas de afrontamento; cognitivos, de atención ou de apoio social.

Potenciar estas emocións positivas e eliminar a aparición da "rumiación", axudan, igualmente, a un mellor afrontamento dun problema.

Enrique García Fernández-Abascal, formula co seu relatorio "Alimentando as emocións positivas", a exposición da segunda parte da mañá.

Comezou recordando o concepto de "positividad" e os seus efectos e a posibilidade do seu aumento. Existen pautas para este aumento? Preguntaba ao aforamento. Segundo Enrique García é un acto de boa vontade, estudado nestes últimos quince anos.

Dende a Psicoloxía positiva propóñense tres tipos de felicidade: a vida agradable, a boa vida e a vida con sentido. Polo tanto, as emocións positivas dependen das circunstancias da vida que nos toque vivir, da personalidade e os factores de volundad para modificar a vida de cada persoa.

Xa dentro das circunstancias da vida, o ámbito tóxico, exerce unha forte influencia (negativa), fronte ao ámbito saudable. Por outro lado a personalidade: a extraversión e o ámbito emocional son básicos no estado de benestar. As debilidades de carácter: a depresión, a ansiedade, a hostilidade e a "triada escura da personalidade"; narcisismo, psicopatía e maquiavelismo. Este último grupo compóñeno persoas carentes de empatía.

Dentro das fortalezas do carácter, como trazos innatos e positivos da personalidade. Cando se poñen en marcha favorecen a aprendizaxe e gózanse. Estas son: sabedoría e coñecemento, a coraxe, a humanidade e o amor, a xustiza, a temperanza e a transcendencia.

Necesario relacionar estas fortalezas de carácter coas virtudes de carácter.

Non obstante, e como apuntaba o relator, "o pensamento negativo cómese ao pensamento positivo". A base importante é a emoción, á vista desta afirmación. O importante é "sentir" en positivo para "pensar" en positivo.

Más información del curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

cvemocionesenriquegarciaabascal
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es