Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

UNED Sénior A Coruña

23 de julio de 2015

Alumnos e profesores de Rianxo, elaboran un estudo da Música local.

Dende a UNED Sénior de Rianxo, pertencente á Sénior da UNED coruñesa, trabállase para que A MÚSICA, con máyúsculas, teña un lugar especial dentro do Programa Académico. Por isto, o fomento e a divulgación da cultura musical, foi e é un piar fundamental nos últimos cursos para os nosos séniores da UNED coruñesa.

Ao fío desta posta en valor, dende o Concello de Rianxo, na provincia da Coruña, elaborouse un informe onde o obxectivo principal foi recoller todo o acervo musical da zona, transcribilo, contextualizar o e difundilo.

Traballouse sobre a base de dúas premisas imprescindibles. En primeiro lugar, que todos os logros perdurasen no tempo de modo que unha vez rematado o proxecto se conseguise institucionalizar en Rianxo o estudo da súa cultura musical. Unha ferramenta imprescindible para isto último foi a creación por parte do alumnado da Uned-Sénior de Rianxo dun Fondo Local de Música onde se custodiase todo o patrimonio musical recuperado. En segundo lugar transcender ao reducido espazo da aula.

Sabíase, que o estudo da cultura musical dunha localidade non pode ser cousa de certos especialistas ou afeccionados curiosos. Non foi tarefa doada.

O inventario co que se contaba era o seguinte:

a) Recompilación de información previa.

b) Recuperación do cancioneiro tradicional de Rianxo.

c) Restauración, conservación, e catalogación do material musical recuperado.

d) Historiografía musical. A música imprimida do cancioneiro tradicional.

Os responsables deste proxecto de investigación foron Miguel Somoza Rodríguez, profesor do Departamento de Historia da Educación e Educación Comparada na UNED, José Luis do Pico Orjais, profesor da materia Uned Sénior "Cultura musical de Galicia" en Rianxo, a dirección do Centro Asociado na Coruña e todos os alumnos da materia "Cultura musical de Galicia" da Aula UNED Sénior de Rianxo.

Queres coñecer o resultado do traballo de campo? Accede a todo o informe aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en Facebook.

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es