Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Sempre me quedou a espiña cravada de ter algún tipo de formación universitaria que me motivase, e iso atopeino anos máis tarde con Dereito"

3 de diciembre de 2015

Rubén Montes. Graduado en Dereito.

Rubén Montes Ferreiro prestou servizo activo durante os anos 2003 e 2009 nas Forzas Armadas, Infantería de Mariña. Desde o ano 2009 ata a actualidade Policía Local de Cambre, na Coruña.É graduado en Dereito pola UNED, titulación que finalizou o curso pasado, 2014/2015.

Por que decidiches realizar a Licenciatura en Dereito na UNED?

"No seu día, mentres servía nas FAS comecei a opositar para Policía Local dos distintos Concellos de Galicia que ofertaban prazas, momento no cal descubrín que me gustaba a temática xurídica e decidín compatibilizar traballo, oposición e materias da licenciatura en Dereito do plan 2000 naquel momento que coincidían materialmente con temas da oposición".

Cales foron os obxectivos iniciais cando te matriculaches por primeira vez? Persoais ou profesionais?

"Cando comecei os meus estudos na UNED os meus obxectivos eran tanto profesionais. Sabía que no futuro se desexaba ascender na Administración un título universitario é requisito indispensable para iso) e persoais pois unha vez realicei a selectividade matriculeime en ADE na USC, Campus de Lugo, periplo que durou escasamente 4 meses. Tempo suficiente para darme conta de que carecía de motivación nese momento para seguir estudando e decidín dar un cambio na miña vida e alistarme nas FAS. Paso necesario para seguir avanzando máis tarde. Sempre me quedou a espiña cravada de ter algún tipo de formación universitaria que me motivase, e iso atopeino anos máis tarde con Dereito."

Como describirías o proceso nestes anos de estudo? Sentes que como estudante tiveches unha evolución na túa forma e tempo de traballo e de estudo desde os inicios?

"Foron anos en que si evolucionei moito como estudante. Compaxinar estudos, oposición, traballo, logo Academia de Policía, inglés e o meu lecer particular servíronme para ser un estudante eficiente, aproveitando cada ferramenta e cada momento libre que tiven para poder estudar e alcanzar os meus obxectivos académicos. A evolución foi claramente a mellor, dunha dedicación absoluta e abafo inicial, a unha organización e eficiente máxima final, o que me permitiu ir gozando máis os estudos co paso dos anos."

Na túa opinión e no plano profesional, que che vai achegar esta titulación a curto e medio prazo?

"A curto e medio prazo, ser graduado en Dereito no meu traballo actual como Policía Local achégame un grao de coñecemento xurídico óptimo para poder desenvolverme en moitas das situacións que se expoñen día a día, e a tranquilidade que iso leva nun traballo tan complexo como este, no que en numerosas ocasións os coñecementos adquiridos na universidade axudáronme a resolver de forma máis áxil.Doutra banda, actualmente estou a opositar para a Escala Executiva da Policía Nacional, para o que é requisito indispensable contar cun título de Grao, e no que me serve como unha base moi importante cursar en Grao en Dereito, xa que a citada oposición é temáticamente coincidente como a mesma nun 75%."

Como viviu a túa contorna estes anos de estudo? Tiveches que sacrificar tempo, renuncias...?

"En canto á miña contorna, é obvio que os estudos quitan moito tempo, pero como comentei noutro apartado, cos anos fun aprendendo a ser eficiente e non tiven que renunciar a demasiadas cousas, fun moi tallante en cando á organización do tempo, tanto de forma diaria como por meses, e nunca renunciei ao lecer nin ao deporte, simplemente foi unha cuestión de organización e de quitar tempo a outras cousas como a televisión, e de buscar máis a calidade que a cantidade en canto ao tempo de lecer refírese."

Un pequeno xogo: tres aspectos positivos e tres negativos do teu paso por esta universidade.

"Aspectos positivos serían: seguridade nun mesmo, organización en canto á distribución do tempo e satisfacción persoal polo obxectivo alcanzado.Os negativos: a soidade das horas de estudo, a frustración cando os resultados non eran os esperados e a dúbida nos momentos de debilidade mental, se o esforzo serviría para algo."

Anímasche a seguir estudando?

"Por suposto que si, agora mesmo sigo co inglés e a oposición antes mencionada. Pero teño en mente no futuro seguir estudando, algún Máster por exemplo o de seguridade da UNED."

  • Accede a toda a información do Acto de Apertura de Curso aquí.

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

tituladorubenmontesactodeaperturaunedacoruna8332
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es