Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Servizo de Biblioteca

18 de enero de 2016

Que che ofréce o Servizo de Biblioteca?

Consulta en sala

Préstamo domiciliario

  • Comprende todo o fondo bibliográfico da biblioteca do Centro, coas seguintes excepcións:
    • Obras de referencia (enciclopedias, dicionarios, etc.).
    • Publicacións periódicas.
    • Obras de carácter singular (pola súa antigüidade, rareza, etc.).
  • Permite a reserva de documentos.
  • Consulta na aquí as normas de préstamo domiciliario.
  • Dende aquí podes renovar o teu préstamo.

Préstamo interbibliotecario

  • Permite solicitar documentos que non se encontran no fondo da biblioteca.
  • É necesario consultar co persoal da biblioteca as condicións de préstamo.
  • Documentos que podes solicitar:
    • Libros esgotados ou antigos.
    • Artigos de publicacións periódicas.
    • Actas de congresos.
    • Literatura gris: teses, patentes, normas, informes...
    • Bibliografía complementaria.
  • A petición de documentos debe facerse na biblioteca pola persoa interesada.
  • Deberá mostrar o seu carné vixente da UNED ou calquera outro documento que o acredite como membro desta Universidade e encher o formulario correspondente.
  • Pódese solicitar por correo electrónico a biblioteca@a-coruna.uned.es.

Hemeroteca

  • Fondo dispoñible para a súa consulta en sala.
  • Acceso ás revistas electrónicas dende fóra do Centro aquí.

Información bibliográfica e formación de usuarios

  • Orientación sobre a organización e funcionamento da biblioteca, uso dos catálogos, obras de referencia, bases de datos, etc.

Normativa e uso da Biblioteca

  • Importante: os usuarios deberán identificarse no mostrador da biblioteca antes de facer uso dos ordenadores.
  • Guía de usuario da Biblioteca do Centro Asociado aquí.
  • Prestanse tres libros durante 15 días, que se poden renovar outros 15 días a través da web co teu NIP ou por teléfono.
  • Os documentos audiovisuais préstanse unha semana e non se poden renovar.
  • Podes reservar dous libros de forma simultánea, para iso é necesario que os libros estean prestados. As reservas realízaas o alumnado a través da web da biblioteca enchendo unha solicitude.

Carné de Biblioteca

Requisitos:

  • Estar matriculado na UNED no curso vixente.
  • Ser profesor titor ou PAS do Centro.
  • Estar en posesión do carné de alumno da UNED (obtense na secretaría do Centro).
  • Darse de alta na biblioteca enchendo este formulario.
  • O carné é válido durante un curso académico.

Que material e documentos podes encontrar na Biblioteca?

  • Fondo multidisciplinar representativo de todas as materias que se imparten na Universidade.
  • Colección de referencia.
  • Fondo documental local.
  • Novidades biobliográficas aquí.
  • Os fondos bibliográficos poden consultarse nos ordenadores de acceso público na biblioteca ou en internet aquí.
  • Para titores do Centro Asociado: pulsa aquí para realizar solicitudes de material que desexas nos fondos da biblioteca.
  • Se es alumno e estás interesado en que se adquira material, comunícao á biblioteca do Centro.

Como están ordenados os libros de forma que poidas localizalos doadamente?

  • A maior parte do fondo bibliográfico está colocado seguindo unha clasificación por materias: a CDU (Clasificación Decimal Universal).
  • A cada materia correspóndelle un número.
  • Este número utilízase para formar a signatura, imprimida na etiqueta pegada no lombo do libro.
  • Na signatura figura:
    • O número da CDU.
    • As tres primeiras letras do apelido do autor. Empréganse para ordenar alfabeticamente os documentos que tratan da mesma materia e teñen o mesmo número de clasificación.
    • As tres primeiras letras do título, que tamén serven para manter a orde alfabética.
  • A indicación entre corchetes "[...]" indica que o libro ten un material anexo, se queres solicitalo deberás dirixirte ao mostrador da biblioteca.
  • Ordénanse xuntos os documentos que tratan da mesma materia.

Que recursos electrónicos che ofrece o Servizo de Biblioteca dende o portal web?

Onde podes encontrar a Biblioteca da sede A Coruña e como podes contactar co seu persoal?

  • Rúa Pepín Rivero, 3. 15011, A Coruña. Segunda planta.
  • Correo electrónico: biblioteca@a-coruna.uned.es
  • Teléfono: 981 14 55 60

E na Aula Universitaria de Ferrol?

  • Rúa María, 52-54. 15402, Ferrol. Segunda planta.
  • Correo electrónico: bibliotecaferrol@a-coruna.uned.es

Que horario ten de acceso e información ao público?

Sede A Coruña

  • Sala de lectura: dende o 1 de outubro o horario é de: 9 a 21:00 horas de luns a xoves. Os venres é de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.
  • Sala de consulta e préstamo: dende o 1 de outubro é de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

Aula Universitaria de Ferrol

  • Sala de lectura. Período lectivo de luns a venres de 16:00 a 20:30 horas. Período non lectivo de luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.
  • Sala de consulta e préstamo. Período lectivo, os luns de 16:00 a 21:00 horas, martes de 16:00 a 19:00 horas e mércores, xoves e venres de 16:00 a 20:00 horas. Período non lectivo, luns a venres de 9:00 a 13:30 horas.

Preguntas máis frecuentes FAQs.

Máis información aquí.

serviciobiblioteca7180
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es