Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Un docente, enche o baleiro, un educador permite que o todo do neno exprésese"

28 de abril de 2016

Vita Martínez, profesora titora do Centro Asociado, dirixe e presenta o curso "A envoltura do pensamento: o silencio e a palabra para a construción de comunidade en educación infantil", que comeza o próximo 3 de maio.

"A envoltura do pensamento: o silencio e a palabra para a construción de comunidade en educación infantil", título do curso que o Centro Asociado UNED A Coruña, acollerá durante os días 3 e 4 de maio e no que hai uns cen matriculados. Poderase seguir de forma presencial e vía streaming. Neste último caso, coa excepción das accións performativas incluídas no programa.

Vita Martínez Vérez, directora e responsable desta actividade formativa, é profesora titora do Centro Asociado UNED A Coruña, diplomada en Traballo Social e doutora en Socioloxía. Traballou ao longo de diferentes anos no ámbito comunitario, xerando vínculos e experiencias afectivas en contornas críticas e desfavorecidas. Actualmente, é profesora no C.I.F.P. Ánxel Casal e exerce o seu labor profesional no Ciclo Superior de Educación Infantil e no grao de Traballo Social.

A súa tese doutoral "Os coidadores informais na enfermidade de Alzheimer. Procesos, claves e alternativas", foi realizada e presentada na Universidade da Coruña no ano 2011. Asinou, tanto de forma individual como colectiva, diferentes publicacións relacionadas cos procesos socializadores.

No ano 2014 organizou un o curso "Espazos de alteridade: A construción do nós en contextos educativos", no Centro Asociado e participa no espazo web "A envoltura do pensamento".

"A envoltura do pensamento: o silencio e a palabra para a construción de comunidade en educación infantil". A quen vai dirixido o curso?

"Máis que ás persoas, o curso vai dirixido á sensibilidade, ao pensamento, ao concepto, ao Ser, á fantasía, e ao encontro. Pertence ao humano e inclúenos a todos".

Cales son os obxectivos principais desta actividade formativa?

"Pensar a palabra, o pensamento e o coñecemento como un todo xerador de comunidade".

Podería consideralo un complemento ou continuidade ao curso celebrado hai dous anos, "Espazos de alteridade: A construción do nós en contextos educativos"?

"Forma parte do mesmo pensamento. A alteridade é o outro que nos di no silencio e a palabra".

No programa do curso figuran distintas"accións performativas" En que van consistir? Pódese adiantar algunha delas?

"Performar é transformar un pensamento en acción desde a representación corporal dunha metáfora, poñelo de relevo. Existe unha primeira proposta, pero despois a acción é de todos. O misterio é o mellor escenario posible".

Os relatorios estarán a cargo de profesores e pedagogos, na súa maioría. Na súa opinión, cal debería ser o papel do docente durante o exercicio de rol, na relación do neno en idade infantil coa súa comunidade?

"Educar non é docencia. Parecen sinónimos, pero son palabras opostas. Un docente, enche o baleiro, un educador permite que o todo do neno se exprese. Os nenos necesitan un lugar, nacemos da fraxilidade absoluta, e é ese trazo e non outro, o que nos conduce á comunidade. Necesitamos poder ser nós mesmos nas contornas que habitamos.

Un bo educador, deixa Ser ao neno e admírao na súa diferenza. As persoas que participan na actividade comparten este pensamento.

Unha palabra para cada un deles:

Mari Carmen Díez, é mestra de mestras. Gústalle escoitar con orella verde, pensar a escola con sabor a laranxa e dicir o mundo desde o piso de abaixo. A educación infantil non sería o mesmo sen o seu maxisterio.

Javier Abad é educador e artista visual. A súa visión performativa da escola comparte a diferenza para soñar, a través da educación, outros futuros posibles. Somos afortunados no encontro.

Chema Mesías fai arte na aula e dá vida á educación a través de micro-accións performativas que definen o seu facer profesional e artístico.

Arturo Igrexas é pedagogo e experto en deseñar recursos didácticos desde as novas tecnoloxías. Gústalle innovar e xogar a construír espazos virtuais.

E os meus alumnos son o motor de cada pensamento. Sen eles, eu non.

E o papel das familias?

"As familias son o niño da crianza, o colo no que xoga o neno, sen familia non habería infancia. O conto dunha soa nai, é o relato da humanidade enteira".

------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

vitamartinez3vitamartinez2vitamartinez1vitamartinez
Convocatoria pública. Concurso de selección de profesorado tutor para el curso 25/26+info
AVISO: O xoves 10 de xuño o servizo de Secretaría da sede da Coruña non terá atención ao público ata as 10:30h. Desculpen as molestias.+info
AVISO. El servicio de Secretaría del Aula de Ferrol dispondrá de atención al público desde las 9:30hs el 8 de julio. Disculpen las molestias.
Horario de verano. A partir del 9 de junio el horario de atención al público será de 9:00 a 13:30 horas. Excepcionalmente durante la semana de exámenes del 2 al 8 de septiembre los servicios abrirán mañana y tarde en su horario habitual.
Convocatoria de la IV Edición del Programa Campus Rural para estudiantes de la UNED+info
Compra tus libros. Pedido on line. Librería UNED A Coruña+info
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es