Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

"Os próximos anos a sorpresa dun planeta igual que a Terra ou o descubrimento de vida noutro mundo, está no aire"

9 de mayo de 2016

Borja González Tosar impartirá a conferencia "Exoplanetas. Buscando unha nova terra" o próximo 13 de maio

"Exoplanetas. Buscando unha nova terra", é o título de conferencia que Borja González Tosar, Máster en Astronomía e Astrofísica pola Universidade Internacional Valenciana e Máster en Comunicación Científica, impartirá o vindeiro venres 13 de maio, na sede da UNED coruñesa.

González Tosar, divulgador, científico e colaborador habitual en distintos medios de comunicación, comezará a súa exposición a partir das 19:30 horas.

A conferencia dividirase en dous partes. A primeira hora será especificamente teórica, e unha segunda sesión práctica, nas proximidades do Centro Asociado. Durante esta última parte, González Tosar orientará a todos os asistentes nunha observación astronómica das estrelas.

O principal obxectivo desta actividade cultural organizada pola Delegación de Alumnos da UNED A Coruña e de acceso libre, é a de presentar a ciencia dos exoplanetas, os problemas e desafíos da nova xeración de detectores de novos mundos.

"Hai apenas 20 anos calquera neno de primaria podía enunciar todos os planetas coñecidos de corrido; Mercurio, Venus, Terra, Marte. Hoxe é moito máis difícil, seguramente non hai ninguén que poida enumerar todos os planetas de memoria, a lista esta en 5.428 planetas.

O maior cazador de exoplanetas, ou planetas que orbitan estrelas distintas do Sol, é o telescopio espacial Kepler. Para detectalos utiliza o método do tránsito, mide con moita precisión a luz que chega de miles de estrelas dunha pequena zona, cando un planeta pasa por diante da estrela, ao ser opaco e non deixar pasar a luz, o telescopio detecta unha pequena diminución de brillo e caza o exoplaneta.

Con este método nuns 8 anos de operación, Kepler detectou uns 4.000, pero son poucos, o telescopio necesita estar aliñado cos sistemas planetarios para ser capaz de observar os tránsitos, do mesmo xeito se os planetas teñen órbitas de máis de 8 anos non deu tempo a detectalos.

Con estas limitacións, no mellor dos casos, Kepler esta detectando un 10% dos planetas que hai nesa zona, que apenas representa un 1% das estrelas da nosa galaxia. Esperamos que só na nosa galaxia haxa un 150 mil millóns de planetas por descubrir, isto é máis que grans de area en todas as praias da Terra. A pregunta é: Cando outra Terra? Cando vida noutro planeta?

A resposta, por sorprendente que pareza, está a piques de chegar. A Nova xeración de detectores serán capaces non só de detectar os pasos de mundos sobre estrelas, senón de analizar as atmosferas buscando moléculas que só aparecen cando a vida esta presente, farán que o telescopio Kepler parézase a esta nova xeración de telescopios, o que un par de vasos de iogur atados por un fío a un smartphone moderno.

Non é ficción, é ciencia. Os próximos anos a sorpresa dun planeta igual que a Terra ou o descubrimento de vida noutro mundo está no aire". Borja González Tosar

------------------------~()~-----------------------

Imaxe da noticia. Fonte: Xurxo Mariño

 ------------------------~()~-----------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

borjatosarconferenciaexoplanetasnasa
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es