Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Sesións de formación tutorial

28 de septiembre de 2016

Enmarcadas dentro das accións de formación tutorial para este curso académico.

Esta semana celebráronse, na sede da UNED na Coruña, dúas das accións formativas programas para os profesores titores do Centro Asociado.

Tratábase, en concreto, de dúas sesións recibidas a través de videoconferencia desde o Centro Asociado de Ponferrada, durante as tardes do 27 e 28 de setembro e onde se profundou no uso eficaz da ferramenta AVIP, desde o plano docente.

Estas actividades formativas, programadas desde a coordinación académica do Centro Asociado para titores, e que se suman á xornada de actualización das ferramentas TIC, celebrada o pasado 26 de setembro, corresponden á proposta formativa incluída no Plan Académico Docente para o curso 2016-2017, aprobado pola Xunta Reitora do Centro Asociado UNED A Coruña, na súa reunión do pasado 27 de xullo.

Nesta liña programática de accións formativas e informativas a comunidade docente, está prevista unha xornada de presentación para a primeira semana de outubro, na que o director do Centro e coordinador tecnolóxico, Germán Carro Fernández, e a secretaria xeral e coordinadora académica, Ana Mónica Novo García, entregarán os encargos tutoriales e outros documentos anexos vinculados ao Consello de Centro e Xunta Reitora de Padroado, relativos a este curso académico.

Imaxes: Sesións de formación ferramenta AVIP, UNED Ponferrada, recibidas a través de videoconferencia na UNED A Coruña.

Fonte: Centro Asociado UNED A Coruña

Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es