Mapa web
Youtube
Instagram
Campus UNED

Aula de Ferrol

14 de octubre de 2016

Curso "O Dereito Penal fronte ao acoso" os días 27 e 28 de outubro.

A Aula de Ferrol acollerá os días 27 e 28 de outubro, en xornada de tarde, o curso "O Dereito Penal fronte ao acoso". Esta formación diríxese, principalmente, a membros de corpos e forzas de seguridade, así como a calquera profesional do Dereito que interveña no proceso penal (avogados, procuradores, etc.) e a alumnos do Grao ou Máster en Dereito. Igualmente é apropiado para calquera persoa interesada neste fenómeno criminal.

Esta actividade proporcionará ao alumno coñecementos teóricos para o mellor desempeño da súa función de prevención e represión da delincuencia, asistencia ás victimas e auxilio aos Xulgados e Tribunais en orde a unha máis eficaz instrución e axuizamento dos delitos. En relación cos operadores xurídicos, unha mellor defensa dos intereses dos implicados nun procedemento penal.

O curso impártese nas modalidades presencial e streaming e está recoñecido con 1 crédito ECTS e 2 créditos de libre configuración.

O responsable da docencia será o maxistrado e profesor titor do Centro Asociado, Carlos Suárez-Mira Rodríguez.

O programa previsto abordará o acoso como un atentado á liberdade: o novo delito de acoso; igualmente como un atentado á integridade moral;á liberdade e indemnidad sexual e tratará as medidas cautelares durante a instrución.

----------------------------{}---------------------------

Síguenos en:

Facebook

Twitter

Google+

Youtube

Blog UNED Sénior A Coruña

Horarios provisionais+info
AVISO: A Biblioteca da sede da Coruña permanecerá pechada o luns 14 de xuño en horario de mañá. Desculpen as molestias.+info
Nexus Event SAEE UNED A Coruña 2024+info
UNED Sénior A Coruña
Educación, 3 15011 A Coruña - (A Coruña). Tel. 981 14 50 51 info@a-coruna.uned.es